InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama unha comisión de seguimento para avaliar a execución dos...

O PSdeG reclama unha comisión de seguimento para avaliar a execución dos orzamentos de 2024 e 2025

Os socialistas alertan de problemas na xestión interna, advirten da caída de ingresos previstos e piden garantías sobre proxectos estratéxicos como o ciclo da auga, o transporte público ou o aparcadoiro do Clínico

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou hoxe ao goberno local a celebración dunha comisión de seguimento para avaliar o grao de cumprimento dos orzamentos de 2024 e 2025. A petición fora presentada o pasado 17 de setembro e, segundo a concelleira Marta Abal, o obxectivo é coñecer tanto a execución dos acordos recollidos como a fiabilidade das previsións de ingresos, paso previo á negociación das contas de 2026.

Abal fixo fincapé na necesidade de analizar con detalle proxectos como o novo contrato de transporte público, o ciclo integral da auga, o aparcadoiro do Clínico ou o investimento comprometido no rural. “Non é un cheque en branco, necesitamos ver os puntos exactos nos que se atopan os proxectos estratéxicos que son para a cidade”, afirmou.

A concelleira tamén expresou a súa preocupación pola situación interna do Concello, lembrando que seguen sen cubrirse prazas de procesos selectivos de mandatos anteriores e que non se convocaron as ofertas de emprego de 2023, 2024 e 2025. Ademais, sinalou as dúbidas xeradas por un recente comunicado interno do órgano de xestión orzamentaria, no que se indica que calquera modificación contable debe contar coa súa autorización previa. “Non sabemos moi ben a que se debe, e temos dúbidas de se se produciu algún tipo de actuación administrativa ou política que afecte á integridade municipal”, apuntou.

No apartado financeiro, Abal advertiu que parte dos ingresos previstos para 2025 —2,86 millóns pola taxa turística e 5,5 millóns polas novas licenzas de taxi— non chegarán a materializarse. “A alcaldesa veu a recoñecer que o proceso é máis lento do esperado”, explicou, polo que pediu que a comisión de seguimento aborde tamén este punto.

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, centrou a súa intervención no ciclo integral da auga, asegurando que o Concello non conta cos recursos necesarios para afrontar en solitario os investimentos urxentes. “A solución terá que vir dalgunha outra fórmula”, dixo, deixando aberta a posición socialista a diferentes opcións “sempre que permitan executar de inmediato as inversións precisas”.

Guinarte incidiu en que a súa postura non responde a cuestións ideolóxicas, senón prácticas: “O que importa é asegurar que o servizo se preste con niveis aceptables de calidade o máis pronto posible. Aquí non estamos falando de ideoloxías, senón de solucionar problemas reais”. Lembrou ademais que concellos de distintas cores políticas, como Pontevedra ou Carballo, optaron por procedementos similares.

En relación coa taxa do lixo, o voceiro socialista reiterou que a súa posición é clara: “Primeiro mellorar a prestación e facer cumprir á concesionaria o contrato. O plantexamento do goberno pareceunos profundamente inoportuno”.

Por último, Guinarte rexeitou de forma expresa a hipótese dunha moción de censura apoiada polo PSdeG: “O Partido Popular sabe perfectamente que o Partido Socialista non vai estar nunha operación de moción de censura en Santiago para promover un goberno de dereitas”.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here