InicioSANTIAGOAMESO VI Certame ‘Galetiktokers’ anima á mocidade a crear vídeos en galego...

O VI Certame ‘Galetiktokers’ anima á mocidade a crear vídeos en galego en TikTok

O concurso, organizado polo Concello de Ames, repartirá seis premios de 300 euros nunha gala prevista para o 22 de novembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames vén de presentar a sexta edición do Certame ‘Galetiktokers’, impulsado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística. A iniciativa busca fomentar a creatividade entre a mocidade, promover a produción de contidos en galego e dar visibilidade á comunidade de creadoras e creadores na rede social TikTok.

O concurso está aberto a todas as persoas a partir dos 13 anos, distribuídas en dúas categorías: de 13 a 17 anos e a partir dos 18, sen límite de idade. Os vídeos, de entre 15 e 60 segundos, deben estar realizados en galego, empregando TikTok ou a ferramenta Reels de Instagram, e poden abordar calquera temática. O prazo para enviar as propostas remata o 30 de outubro, a través do correo electrónico galetiktokers25@gmail.com, xunto coa ficha de inscrición.

Este ano volveranse repartir seis premios de 300 euros cada un, dous outorgados polo xurado e un polo público en cada categoría. A votación popular terá lugar entre o 5 e o 7 de novembro no perfil de Instagram @xuventudeames, onde se contabilizarán os “gústame” recibidos polos vídeos admitidos.

A presentación do certame celebrouse no anfiteatro do Milladoiro, coa presenza do alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García; a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto; o gañador da pasada edición, Miguel Lesta; así como persoal técnico dos departamentos municipais implicados. García destacou que “o máis importante desta iniciativa é a defensa da nosa lingua e que as redes se enchan de participación e vídeos en galego”.

Pola súa parte, Carmen Porto salientou que o concurso “serve non só para promover o uso do galego, senón para potenciar a creatividade da mocidade”. O creador de contido Miguel Lesta engadiu que “se a rapazada ve que facer contido en galego é normal e divertido, animarase a incorporalo nas súas vidas”.

A programación completarase con obradoiros nos institutos do Milladoiro e Ames, impartidos polo creador Miguel Barbazán Lesta (@miguelblesta), gañador do certame en 2024, quen explicará o funcionamento do concurso e presentará exemplos de contidos en galego na plataforma.

A gala de entrega de premios celebrarase o 22 de novembro de 2025, cunha dotación total de 1.800 euros.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here