InicioSANTIAGOBRIÓN(FOTOS) Paraugas, polbo e devoción: así se viviu en Brión a xornada...

(FOTOS) Paraugas, polbo e devoción: así se viviu en Brión a xornada central da Romaría de Santa Minia

A choiva non freou nin a devoción nin a festa, cunha asistencia masiva ás misas, ao santuario e ás polbeiras

Publicado o

Xornal de Compostela

A parroquia de Brión viviu este sábado o Día Grande da Romaría de Santa Minia, unha das citas relixiosas e festivas máis concorridas da comarca compostelá. O feito de coincidir o 27 de setembro en fin de semana multiplicou a chegada de visitantes, con numerosos autobuses procedentes de diferentes puntos de Galicia estacionados á entrada da localidade.

Aínda que a mañá estivo marcada pola choiva e por refachos de vento que coincidiron coa misa solemne, a afluencia non se reduciu. Pola contra, milleiros de persoas agardaron longas colas para entrar no santuario, onde cumpriron cos ritos tradicionais: bicar o sepulcro, pasar as estampiñas pola tumba e deixar figuriñas de cera en forma de membros ou animais, en sinal de petición á santa. A espera media chegou a superar a media hora.

O impacto da choiva tamén se notou nos postos do mercadiño, nos que os paraugas se converteron no produto máis demandado. Preto de 150 tenderetes ofreceron unha ampla variedade de artigos, desde alimentación e artesanía ata antigüidades e obxectos relixiosos.

As polbeiras rexistraron unha asistencia masiva, con colas que chegaban ata a capela e á carballeira, e mantiveron os prezos en 14 euros por ración de polbo ou churrasco. Pola súa banda, as atraccións infantís concentraron numeroso público e mantiveron unha hora diaria de funcionamento sen son para persoas con diversidade funcional. A música correu a cargo de grupos tradicionais e charangas, mentres que o VIII Festival Monecadas achegou espectáculos de títeres ás rúas.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, destacou o “extraordinario traballo” de persoal municipal, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e servizos sanitarios para garantir o desenvolvemento seguro da xornada. Acompañado por representantes institucionais como o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, Lago guiou á comitiva oficial antes dun xantar nunha das polbeiras.

As festas continuarán este domingo con pasarrúas, novas actuacións musicais e a representación da compañía francesa Pelele. O concerto de Budiño ás 20:00 horas e a actuación da orquestra Panorama porán o peche á programación.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here