InicioCULTURAA Xunta destaca a Galicia como "epicentro creativo" na inauguración dunha mostra...

A Xunta destaca a Galicia como “epicentro creativo” na inauguración dunha mostra en Santiago

O conselleiro López Campos eloxia a traxectoria da ourensá Tamara Feijoo e a súa exposición Breviario no DIDAC

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reivindicou este venres a Galicia como “epicentro creativo e viveiro constante de novos artistas”. Fixoo durante a inauguración da mostra Breviario, da artista ourensá Tamara Feijoo, que se pode visitar na sede da Fundación Dardo Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (DIDAC) en Santiago de Compostela.

O responsable autonómico puxo en valor a carreira de Feijoo, lembrando que as súas obras “se exhibiron por toda a Comunidade, así como en institucións de referencia en España e Portugal”. A exposición que agora chega a Compostela xa fora presentada anteriormente no espazo artístico Appletón de Lisboa.

Segundo explicou a Xunta, Breviario é unha pequena colección de pezas concibidas como mostras e experimentos pictóricos, nas que están presentes o debuxo e a pintura. A artista emprega papeis vellos de antigos cadernos que recompila ela mesma e que se converten na base das súas creacións.

López Campos subliñou o interese dos creadores galegos por compartir os seus proxectos no país, ao tempo que manteñen unha traxectoria con proxección internacional. Neste sentido, asegurou que o labor de artistas como Feijoo é exemplo da capacidade de Galicia para situarse no mapa cultural “con recoñecemento dentro e fóra da Comunidade”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here