InicioMOV. SOCIAISSindicatos convocan unha concentración en Santiago para reclamar un convenio xusto na...

Sindicatos convocan unha concentración en Santiago para reclamar un convenio xusto na hostalaría

A protesta será mañá, venres 26, no Toural e denuncia o bloqueo da negociación colectiva que afecta a 20 000 persoas no sector

Publicado o

Xornal de Compostela

A mobilización sindical volverá ás rúas de Santiago mañá, venres 26 de setembro, nunha concentración convocada por CCOO, UGT e CIG na Paraza do Toural entre as 11:00 e as 12:00. Nela, traballadoras e traballadores do sector da hostalaría manifestaranse polo bloqueo da negociación do convenio provincial, que regula as condicións laborais de arredor de 20 000 persoas.

As organizacións sindicais acusan á patronal de non querer introducir melloras e mesmo de pretender recortar dereitos consolidados, como o complemento por incapacidade temporal. Segundo denuncian, mentres o sector bate récords de turismo e facturación, os salarios continúan próximos ao SMI e as condicións laborais apenas experimentan avances.

“Esiximos unha negociación real con perspectiva social, a actualización dos salarios e, en definitiva, un convenio xusto e digno”, reclaman dende CCOO, postura compartida polos outros sindicatos convocantes.

A protesta de mañá dá continuidade a outras accións, como a concentración recente na Coruña coincidindo co Burger Fest, ou a recollida masiva de sinaturas realizada nesa cidade e en Santiago. Para a parte social, estas mobilizacións evidencian “o amplo apoio dos cadros de persoal ás reivindicacións”.

A hostalaría é un dos principais motores económicos de Galicia, con máis de 73 000 persoas afiliadas á Seguridade Social en agosto de 2025 e un crecemento anual do 2,2 %. Só no primeiro semestre do ano, os ingresos do sector hoteleiro galego alcanzaron os 165,5 millóns de euros, un 4,3 % máis que no mesmo período de 2024. Con todo, este dinamismo económico non se reflicte nas condicións laborais: o sector acumula sobrecargas de traballo, horarios partidos e riscos psicosociais crecente, cun nivel salarial que apenas supera o mínimo legal.

Dende CCOO tamén subliñan o “contraste” co convenio asinado recentemente en Pontevedra, que contempla unha suba salarial do 7 % para 2024-2025, cláusula de revisión ligada ao IPC real e melloras sociais, como o ascenso de categoría das camareiras de piso en hoteis de 3 a 5 estrelas a partir de 2027.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here