InicioDEPORTESO Monbus Obradoiro abre a súa nova tenda oficial no Multiusos Fontes...

O Monbus Obradoiro abre a súa nova tenda oficial no Multiusos Fontes do Sar

O club compostelán ofrece desde este xoves un espazo físico para mercar produtos oficiais e recoller os abonos da tempada

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro inaugura este xoves a súa nova tenda oficial, situada no Multiusos Fontes do Sar. O local abrirá inicialmente de luns a venres en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, ata o venres 3 de outubro, data a partir da cal se anunciará o horario definitivo para o resto da tempada.

Segundo explicou o club, este será de momento o único punto de venda presencial autorizado para adquirir roupa e artigos de mercadotecnia oficiais do Obradoiro. A iniciativa complétase coa venda en liña, co obxectivo de “reforzar a presenza da marca” e facilitar que a afección poida acceder aos produtos do equipo tanto de forma presencial como a través da web.

O novo espazo non só estará dedicado á venda, senón que funcionará tamén como punto de encontro para a afección, onde será posible realizar consultas ou recoller os abonos físicos da tempada.

O club avanzou que, nas vindeiras semanas, se irán incorporando máis artigos á oferta dispoñible, tanto na tenda física como na plataforma en liña, coa intención de que cada seareiro “poida sentirse identificado cos cores e valores do Obradoiro”.

ÚLTIMAS

Santiago activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 a cen días do inicio do Ano Santo

O Xacobeo 2027 entra na súa conta atrás en Santiago de Compostela. A falta...

Carlos Toural asume o decanato de Ciencias da Comunicación e aposta por adaptar a Facultade á IA e ao novo ecosistema mediático

O profesor Carlos Toural Bran tomou posesión este martes 22 de setembro como novo...

O PSOE preguntará no Pleno polas medidas para ordenar as colas na contorna da Catedral

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste xoves a xestión dos...

A Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un partido clasificatorio para o Mundial de 2027

Santiago de Compostela acollerá o próximo 29 de novembro o partido entre a Selección...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here