InicioSANTIAGOAMESUCIN critica a xestión das obras da Avenida Rosalía de Castro no...

UCIN critica a xestión das obras da Avenida Rosalía de Castro no Milladoiro

O partido denuncia improvisación, materiais inadecuados e risco para a seguridade veciñal

Publicado o

Xornal de Compostela

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, manifestou a súa “profunda preocupación” polo desenvolvemento das obras da Avenida Rosalía de Castro, no núcleo do Milladoiro. Segundo sinalou, os traballos estanse a executar con “improvisación e falta de rigor técnico”, afastándose do proxecto inicial aprobado.

A formación denuncia que se están a empregar materiais inadecuados, que apareceron defectos de acabado e mesmo estruturais, e que non se estaría cumprindo co estipulado no contrato. “O resultado final que se albisca é dunha calidade moi baixa, con risco de que acabe sendo unha infraestrutura insegura e potencialmente inútil para os veciños e veciñas do Milladoiro”, advertiu Calo.

UCIN lembra que as queixas veciñais se teñen multiplicado nas últimas semanas, chegando mesmo á prensa comarcal, con denuncias polo malestar e a indignación xerada por unhas obras que, en lugar de mellorar a calidade de vida, están a xerar preocupación e inseguridade.

Ante esta situación, o partido reclama transparencia, control e responsabilidade na xestión do proxecto, lembrando que se trata de investimentos sufragados cos recursos públicos da veciñanza, polo que “non se pode xogar coa seguridade nin coa confianza da cidadanía”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here