InicioECONOMÍAO Concello prepara unha ordenanza para penalizar vivendas baleiras e ampliar bonificacións...

O Concello prepara unha ordenanza para penalizar vivendas baleiras e ampliar bonificacións fiscais

A medida inclúe un recargo no IBI ás casas desocupadas de grandes propietarios e maiores descontos para as vivendas protexidas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago levará a pleno unha proposta de ordenanza fiscal que introduce cambios tanto no Imposto de Bens Inmobles (IBI) como no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, o recargo no IBI aplicarase só ás vivendas baleiras durante máis de dous anos sen causa xustificada e pertencentes a propietarios con catro ou máis inmobles. O obxectivo, en palabras do edil, é “mobilizar o parque de vivendas existente”. Para facelo efectivo, o Concello deberá elaborar un censo de inmobles desocupados, apoiándose en datos de consumo e no padrón municipal.

No capítulo de bonificacións, a ordenanza prevé estender as reducións ás Vivendas de Promoción Pública (VPP), que se sumarán ás xa vixentes para as Vivendas de Protección Autonómica (VPA). Así, todas as vivendas protexidas terán un desconto do 50% no IBI durante os tres primeiros anos. Posteriormente, as VPA manterán un 35% de redución durante dez anos e as VPP un 45% no mesmo período, sempre que se manteñan en titularidade pública e destinadas ao alugueiro.

Tamén no ICIO se aplicará a ampliación da bonificación do 50% das VPA ás VPP. Ademais, as obras declaradas de especial interese ou utilidade social poderán beneficiarse de reducións de ata o 95%, co fin de promover a rehabilitación de edificios catalogados, tanto no casco histórico como no resto da cidade.

A maiores, a bonificación de ata o 95% estenderase ás VPA con cualificación permanente, ás VPP en solo de núcleo rural ou urbano e en ámbitos urbanizados sen completar, así como ás construcións residenciais promovidas por cooperativas de vivenda en cesión de uso sen ánimo de lucro.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here