InicioECONOMÍAA VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela abordará saúde, innovación...

A VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela abordará saúde, innovación e igualdade

A cita será o 26 de setembro na Aula Magna da Facultade de Química cun programa de mesas redondas e presentacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago acollerá o 26 de setembro, desde as 10:00, a VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela, un encontro que busca xerar un espazo de coñecemento, debate e inspiración arredor da innovación, a saúde e a sustentabilidade, coa igualdade e os valores feministas como eixo.

O acto inaugural contará coa presenza da tenenta de alcaldesa, María Rozas, do director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José Luís Villaverde, e do decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín Matalobos.

A sesión da mañá abrirase cunha mesa redonda sobre o entorno médico e científico e a economía ao servizo da saúde, coa participación de Susana Torrente Vilasánchez (USC), Carme Pampín (Galchimia), Nieves Rodríguez Brisaboa(Asociación Larlilás) e María Seoane Ramil (Bioga).

A continuación terá lugar un debate centrado na saúde mental, no que intervirán Noelia Villaverde Rozas Latento(Servizo Integral Altas Capacidades), Area López Varela (FEAFES), Taida Sánchez Rego (AGADEA), Mª Carmen González Hermo (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia) e a psicóloga infantil Violeta Cruz.

Xa na tarde, a programación continuará cunha mesa sobre alimentación consciente, deporte e benestar, con voces de ámbitos diversos: a creadora dixital Nuska Chousa, o director de proxectos de Lucía Freitas, Toni Fernández, a cofundadora de Tastelab, Maruxa García Quiroga, a adestradora persoal de Reset, Uxía Parcero, e Noemi Sanmartín Rodríguez Abeiratúa, da Asociación para acompañar procesos de cancro a través do exercicio físico.

A feira pecharase coa presentación do libro Mirar de frente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here