InicioSANTIAGOAMESAmes chama a participar na limpeza do rego do Ameneiral

Ames chama a participar na limpeza do rego do Ameneiral

A actividade enmárcase na xornada galega ‘Móllate polos ríos’ impulsada por ADEGA

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames súmase un ano máis á iniciativa ‘Móllate polos ríos’, organizada pola asociación ADEGA dentro do programa Proxecto Ríos. A convocatoria terá lugar este domingo, 21 de setembro, cunha limpeza do rego do Ameneiral que se desenvolverá entre as 11:00 e as 13:00 horas.

As persoas interesadas deberán achegarse á praza do Concello en Bertamiráns, onde se dará a benvida aos participantes e se organizarán os grupos de traballo. A acción, coordinada pola Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, busca eliminar lixo dos cursos fluviais e concienciar sobre a súa conservación.

O concelleiro Javier Antelo subliñou que “a auga é o ben máis prezado que temos, estas limpezas son de máxima importancia” e destacou a necesidade de implicar á mocidade. O lixo recollido será posteriormente clasificado e depositado nos contedores adecuados, e os datos achegados a ADEGA para elaborar un informe sobre o estado dos ríos galegos.

Desde o Concello recoméndase levar calzado e roupa resistente, así como luvas, para maior seguridade durante a actividade. Ao finalizar, realizarase unha posta en común cos resultados da limpeza e farase un rexistro fotográfico para difundir a acción.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here