InicioCULTURASantiago acolle a XXX Edición de Galicreques para outubro

Santiago acolle a XXX Edición de Galicreques para outubro

O programa escolar é unha dos "grandes acenos de identidade" de Galicreques, encontro de carácter internacional que aposta desde os seus inicios polo achegamento directo aos espectadores e pola creación de públicos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Festival Galicreques ofrecerá na súa 30ª edición un total de 16 funcións para o público escolar entre o 13 e o 17 de outubro deste ano.

Tal e como destacan nun comunicado, o programa escolar é unha dos “grandes acenos de identidade” de Galicreques, encontro de carácter internacional que aposta desde os seus inicios polo achegamento directo aos espectadores e pola creación de públicos.

A programación para o público xeral levará a cabo entre o sábado 11 de outubro e o domingo 19.

O Edificio da SGAE acollerá o luns 13 de outubro ás 10.30 horas a primeira función escolar deste 30º Festival Galicreques: ‘Pasmo de pedra’, estrea da compañía galega Mircromina. A actividade continuará ese mesmo luns na carpa da Alameda que Galicreques instala cada ano cunha obra coproducida polas formacións K’Paparota e Danthea Teatro: ‘Verán na lavandaría’. Teatro Escena representará tamén ese luns no Teatro Principal a peza ‘Buh! Que medo!’.

Durante o resto da semana, actuarán para o público escolar compañías como Monicreques Candelilla (Chile), Teatro La Estrella (Madrid), La Gotera de la Azotea (Andalucía), Agárrate Catalina (Arxentina), Roberto White (Arxentina), Zaches Teatro (Italia), Panta Rhei Antzerkia (Euskadi), Carmen Domech (Galicia), Txotxonguillo Taldea (Esukadi) e Fil de Guá (Cataluña).

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here