InicioSANTIAGOCompostela inicia os obradoiros de acollemento lingüístico con participantes de máis de...

Compostela inicia os obradoiros de acollemento lingüístico con participantes de máis de dez países

As clases, que se imparten no Espazo Apego ata finais de ano, combinan aprendizaxe do galego con contidos culturais e de integración social

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago puxo en marcha este mércores, 10 de setembro, unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico, nos que participan persoas procedentes de países como Italia, Cuba, Brasil, Estados Unidos, Arxentina, Venezuela, Colombia ou de diferentes territorios do Estado español, como Cataluña, Castela e León ou Madrid.

As sesións celébranse nas dependencias do Espazo Apego e prolongaranse ata finais de ano en dúas quendas: pola mañá, para o nivel de iniciación, e pola tarde, para o de continuación. Os cursos, cunha duración de 36 horas, inclúen aprendizaxe básica da lingua e literatura galegas, así como contidos de historia, xeografía e organización administrativa. A programación pon especial atención na vinculación coa oferta cultural e de lecer da cidade, entendida como ferramenta de integración da nova veciñanza.

Cada quenda conta cun máximo de 25 prazas, polo que a elevada demanda fixo necesaria a creación dunha lista de agarda para cubrir posibles baixas. Desde o Departamento de Lingua subliñan que o interese por participar nestas actividades é crecente e que desde 2020 xa se inscribiron máis de 500 persoas.

Alén da aprendizaxe lingüística, os obradoiros pretenden servir como espazos de benvida e convivencia, favorecendo a cohesión social e recoñecendo a diversidade cultural das persoas participantes. A convocatoria realízase dúas veces ao ano —en primavera e outono— e non esixe requisitos legais de acceso, só a inscrición mediante un formulario. As persoas que completan a asistencia reciben un certificado de participación, válido para acreditar arraigo en determinados procesos de regularización administrativa.

As persoas interesadas en futuras edicións poden contactar co Departamento de Lingua do Concello para recibir información actualizada sobre prazos e inscrición.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here