InicioPOLÍTICAVerea marca como obxectivo lograr en 2027 "a maioría máis grande da...

Verea marca como obxectivo lograr en 2027 “a maioría máis grande da historia de Santiago”

O portavoz do PP en Santiago abre o curso político cunha crítica á xestión do tripartito e coa promesa de manter o traballo de oposición con máis de 400 iniciativas rexistradas

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, abriu este luns o curso político 2025/2026 cunha rolda de prensa na que fixou como meta electoral “conseguir en 2027 a maioría máis grande da historia da cidade”. Segundo afirmou, ese resultado permitiría un “cambio real e total” na capital galega, fronte ao que cualificou como “un goberno de tripartito fallido”.

Verea destacou que o seu grupo leva rexistradas máis de 400 iniciativas e propostas no que vai de mandato e asegurou que o PP se mantén “por diante dun goberno decepcionante, sen argumentos e incapaz de resolver os principais problemas da cidade”. Entre estes asuntos citou a xestión do transporte urbano, as roturas de tubaxes e o contrato da auga, a limpeza viaria, o tráfico e o acceso á vivenda. “Santiago necesita liderado e non improvisación”, sinalou.

No apartado de turismo, o portavoz popular cuestionou o recente anuncio do executivo municipal, ao que acusou de limitarse a “contratar unha consultoría de 30.000 euros”. Cualificou a medida como “de chichinabo” e instou a deseñar “estratexias serias” en diálogo co sector. “O ADN de Santiago é ser unha cidade aberta e universal, e iso require programación cultural de nivel e un plan de turismo ambicioso”, apuntou.

Verea tamén se referiu á tramitación da declaración de Santiago como zona tensionada no mercado da vivenda, lembrando que o seu grupo xa advertira da necesidade de correccións nos datos e no cronograma. Segundo dixo, a rectificación anunciada polo goberno local demostra “unha xestión infantil e de profunda bisoñez”.

En relación coa polémica sobre a praza de protocolo, o portavoz popular advertiu que “é grave sinalar a unha funcionaria para xustificar un erro político”. Se ben evitou acusar directamente á alcaldesa de mentir, sostivo que “un goberno debe protexer os seus traballadores, non utilizalos como escudo”.

O dirixente popular concluíu insistindo na súa meta electoral: “Non falamos só de maioría absoluta, falamos da maioría máis ampla da historia de Santiago. A diana está posta e o obxectivo é claro”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here