InicioCULTURAA Cidade da Cultura despide a mostra de Rafael Úbeda cun concerto...

A Cidade da Cultura despide a mostra de Rafael Úbeda cun concerto dirixido por Rogelio Groba

A actuación terá lugar este sábado no Museo Centro Gaiás e combinará pintura e música nunha experiencia sensorial

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura pechará este sábado a exposición ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ cun concerto de cámara dirixido por Rogelio Groba Otero, que se celebrará ás 12:00 no Museo Centro Gaiás con entrada libre. A iniciativa, organizada pola Xunta de Galicia, pretende subliñar a presenza constante da música no universo creativo do pintor, tamén violinista de formación.

A mostra, comisariada por Pilar Corredoira, inaugurouse en abril e recibiu ata o momento preto de 20.000 visitantes. A retrospectiva rende homenaxe a unha figura esencial da pintura galega, que aos 93 anos continúa en activo, e permite achegarse á súa obra desde unha visión sinestésica: Úbeda é quen de percibir cores nos ritmos e ritmo nas cores, o que explica a relevancia da música na súa produción artística.

O concerto terá lugar na propia sala onde se exhiben as pezas, co obxectivo de crear unha atmosfera inmersiva na que pintura e música se fundan. O ensemble da Fundación Rogelio Groba interpretará obras de Dmitri Shostakóvich, un dos compositores que máis inspirou ao artista, así como pezas do propio Rogelio Groba Groba, considerado unha das figuras destacadas da composición galega do último século.

A exposición poderá visitarse ata o domingo 7 de setembro, un día despois do concerto, pechando así un ciclo no que a obra de Úbeda foi protagonista do Gaiás durante máis de catro meses.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here