InicioSANTIAGOBRIÓNA Xunta investiga unha vertedura que tinguiu de branco o río Sar...

A Xunta investiga unha vertedura que tinguiu de branco o río Sar ao seu paso por Brión

Auga cuberta de escuma de orixe descoñecida mobilizou a técnicos de Augas de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O río Sar, que percorre os municipios de Santiago e Padrón, presentou este sábado un episodio de contaminación por vertedura ao seu paso polo termo municipal de Brión. Veciños da zona alertaron ás autoridades tras observar como a auga se volvía de cor branca e aparecía unha capa de escuma que avanzaba co curso do río.

Segundo informou a Consellería de Medio Ambiente, técnicos do Programa de Control de Verteduras de Augas de Galicia desprazáronse de inmediato ata o lugar para realizar unha inspección. O obxectivo é identificar a orixe do vertido e determinar a súa composición, ademais de levantar acta da situación e valorar as medidas necesarias para evitar novas afeccións.

A administración non concretou polo de agora a causa do suceso, que permanece en investigación. Os especialistas revisaron o tramo afectado co fin de comprobar se existían focos próximos que puidesen explicar a presenza da espuma e a coloración anómala da auga.

Este incidente engádese a outros rexistrados en ríos galegos nos últimos días. Entre eles, o do río Lagares, en Vigo, onde outra vertedura provocou tamén o enturbamento da auga con tonalidade branca, posiblemente relacionada co uso de pintura nunha vivenda próxima.

No caso de Brión, os traballos de inspección continúan abertos e será Augas de Galicia quen determine as responsabilidades e as actuacións a adoptar en función dos resultados da investigación.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...