InicioPOLÍTICAO PSdeG critica a "falta de previsión" na posta a punto dos...

O PSdeG critica a “falta de previsión” na posta a punto dos colexios de Santiago

Os socialistas denuncian que as limpezas xerais non comezarán ata o 1 de setembro e reclaman reforzos inmediatos no servizo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou este venres a “falta de previsión” do executivo que lidera a alcaldesa Goretti Sanmartín na preparación dos centros de educación infantil e primaria para o inicio do curso.

Segundo explicaron, foron as traballadoras do servizo de limpeza quen trasladaron que os labores de posta a punto, previstos para o mes de agosto segundo recolle o contrato, non se iniciarán ata o 1 de setembro, a escasos días da apertura das aulas.

A situación agrávase, apuntan, porque en varios centros se están a realizar obras de mantemento e reparación, o que incrementa a carga de traballo e obriga ao persoal a “redobrar esforzos” para cumprir cos prazos. Para os socialistas, este contexto pode derivar en que alumnado e profesorado se atopen con instalacións “con po, restos de obra e sen as condicións mínimas de hixiene e salubridade”.

O PSdeG considera “inadmisible” que non exista un reforzo suficiente do servizo nestas datas e reclama ao Concello que adopte medidas inmediatas para garantir que os colexios estean preparados antes do regreso da comunidade escolar. “Esiximos que o goberno municipal actúe con responsabilidade e reforce de inmediato os equipos de limpeza”, subliñaron.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here