InicioPOLÍTICAConstenla pide que Santiago opte a ser Cidade Creativa da UNESCO na...

Constenla pide que Santiago opte a ser Cidade Creativa da UNESCO na categoría de artesanía

O edil popular reclama que se inicie xa a preparación da candidatura, coa implicación de Ourives de Compostela e doutras institucións

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, José Antonio Constenla, instou ao goberno local a iniciar de inmediato os traballos para que a capital galega presente a súa candidatura a Cidade Creativa da UNESCO na categoría de artesanía e artes populares. O prazo para presentar propostas remata en marzo de 2026.

Segundo explicou, a candidatura debería contar coa supervisión da Asociación Ourives de Compostela e co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Universidade de Santiago e o Centro UNESCO de Galicia. O edil considerou fundamental que o executivo local “poña seriedade e traballo” para artellar unha proposta que beneficie tanto a cidade como a súa contorna e provincia.

Constenla destacou a importancia histórica e económica da orfebrería compostelá, lembrando que grandes museos internacionais como os de Londres, Chicago, Berlín, Roma ou Xerusalén xa inclúen pezas compostelás nas súas coleccións. Na actualidade, segundo apuntou, máis de 300 profesionais desenvolven o seu labor neste sector en Santiago, que considerou “un factor cultural, patrimonial, identitario e tamén económico”.

O concelleiro popular sinalou que a inclusión de Compostela na Rede de Cidades Creativas permitiría activar un modelo de crecemento vinculado á tradición, ao talento e á innovación, favorecendo que a creatividade se transforme en produtos e servizos con alto valor engadido.

A Rede de Cidades Creativas da UNESCO, creada en 2004, integra hoxe máis de 180 urbes que recoñecen a creatividade como motor de desenvolvemento urbano sustentable, cohesión social e dinamización cultural. En España xa forman parte desta rede cidades como Sevilla (Música), Bilbao (Deseño), Granada (Literatura), Burgos e Denia (Gastronomía) e Barcelona (Literatura).

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here