InicioPOLÍTICAO PP denuncia deficiencias no local social de Laraño e pide unha...

O PP denuncia deficiencias no local social de Laraño e pide unha nova licitación dos contratos socioculturais

O concelleiro José Ramón de la Fuente critica problemas de mantemento, seguridade e servizos e reclama que o goberno local convoque canto antes novos contratos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, denunciou o estado de deterioro no que se atopa o local social de Laraño, que segundo afirmou presenta múltiples deficiencias que afectan ao normal desenvolvemento das actividades. O edil puxo como exemplo a suspensión das clases de informática “porque os ordenadores levan todo o ano avariados”.

Entre as anomalías, De la Fuente destacou os problemas de climatización, que obrigaron a suspender sesións en varias ocasións, a aparición de humidades nas salas de reunión, a limpeza insuficiente e a ausencia de mantemento regular. O concelleiro tamén apuntou a existencia de mobiliario roto desde hai meses, o uso do baño adaptado como almacén, a falta de saída de emerxencia no salón de actos e o mal estado dos accesos, con fochancas e deficiencias na iluminación exterior que “impiden organizar actividades ao aire libre”.

No exterior, o popular alertou do risco que supón o parque infantil, xa que non conta cun valado completo e os vehículos aparcan entre os elementos de xogo. “Nesta situación non cumpre normativa de seguridade e resulta perigoso para os cativos”, afirmou.

De la Fuente enmarcou esta situación dentro da “mala xestión do goberno nacionalista” en materia de centros socioculturais. Criticou que os contratos da rede, que segundo dixo levan máis dun ano redactados, seguen sen ser licitados, e prorrogáronse malia as denuncias de usuarios, traballadores e empresas concesionarias. “Os servizos non se están prestando adecuadamente, hai falta de persoal e de material, e numerosas actividades foron suspendidas”, engadiu.

O concelleiro do PP instou ao executivo local a acelerar a licitación dos contratos para que os centros poidan ofrecer os servizos previstos e a veciñanza dispoña de instalacións en condicións. “Non se entende que, tras tantos anuncios, sigan sen sacar adiante os novos contratos”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here