InicioPOLÍTICAO PP de Santiago pide medidas para mellorar a inclusión das persoas...

O PP de Santiago pide medidas para mellorar a inclusión das persoas con discapacidade auditiva

A concelleira Yolanda Otero reclama bucles magnéticos en edificios municipais, servizo de intérprete en liña e campañas de sensibilización

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago, a través da súa concelleira Yolanda Otero, presentou unha proposta para que o Concello adopte novas medidas destinadas a garantir a plena inclusión das persoas con discapacidade auditiva e xordocegas.

Segundo explicou a edil, a iniciativa busca que “toda a veciñanza teña acceso en condicións de igualdade á información e á comunicación coa súa contorna”. Entre as actuacións que reclama figuran a creación dun servizo de lingua de signos no portal web municipal, a instalación de bucles magnéticos en edificios públicos, a organización de talleres de lingua de signos nos centros socioculturais e a colocación de paneis informativos co alfabeto de signos en espazos públicos.

Otero tamén destacou a necesidade de impulsar cursos de formación en lingua de signos para o persoal municipal, co obxectivo de mellorar a atención á cidadanía, así como a posta en marcha dunha campaña municipal entre o 20 e o 26 de setembro, coincidindo coa Semana Internacional das Persoas Xordas.

A concelleira popular incidiu en que “a plena inclusión debe ir acompañada de compromisos reais por parte do goberno local”, que, ao seu xuízo, ten a responsabilidade de eliminar barreiras non só físicas, senón tamén de comunicación.

Para Otero, estas actuacións terían un impacto directo na mellora da calidade de vida das persoas xordas e con discapacidade auditiva, permitindo avanzar en accesibilidade, igualdade de oportunidades e non discriminación. “As cidades son os espazos nos que se desenvolve a vida cotiá, polo que a accesibilidade universal resulta esencial para garantir os dereitos fundamentais e a participación plena da cidadanía”, concluíu.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here