InicioSANTIAGOAMESUCIN Galicia denuncia abandono de espazos públicos no Milladoiro

UCIN Galicia denuncia abandono de espazos públicos no Milladoiro

A formación reclama actuacións inmediatas no entorno do centro de saúde e nos accesos ao instituto e á piscina municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, acusou este martes á Xunta de Galicia e ao Concello de Ames de manter a localidade do Milladoiro nun estado de “grave abandono”, poñendo como exemplo a situación de espazos públicos de uso diario.

Segundo explicou, a zona do Centro de Saúde presenta un “abandono absoluto” nas áreas axardinadas, tanto interiores como exteriores, con presenza de maleza e lixo e “sen un mínimo mantemento”. “Que imaxe se ofrece aos usuarios dun servizo sanitario esencial cando o primeiro que atopan é un entorno deixado e descuidado?”, cuestionou.

Outra das críticas céntrase nas aceras de acceso ao IES do Milladoiro e á piscina pública, empregadas por centos de estudantes e familias. Segundo UCIN, o mal estado do pavimento, con baldosas rotas e herbas que invaden os pasos, supón un “risco real para a veciñanza, especialmente para a xente maior e a mocidade”.

Calo reclamou unha actuación inmediata e coordinada das administracións para resolver estas deficiencias e advertiu que “non se pode seguir mirando para outro lado”. “Os veciños pagan impostos e o mínimo que merecen é camiñar con seguridade e acudir a un centro de saúde en condicións dignas”, subliñou.

UCIN Galicia anunciou que trasladará estas demandas ás instancias competentes e non descarta accións veciñais se a situación se prolonga. “O Milladoiro merece respecto”, concluíu Calo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here