InicioCULTURAThe GET actuará en Compostela no HolaNolaFest o 17 de setembro

The GET actuará en Compostela no HolaNolaFest o 17 de setembro

O trío electro-folk de Nova Orleáns presentará na Borriquita de Belém unha mestura de folk, rock e electrónica antes do seu álbum debut en 2026

Publicado o

Xornal de Compostela

O trío The GET, con sede en Nova Orleáns e raíces latinas, ofrecerá o seu primeiro concerto en Galicia o 17 de setembro en Santiago de Compostela. A actuación terá lugar no marco do HolaNolaFest, no bar Borriquita de Belém (Rúa de San Paio de Antealtares, 22), con apertura de portas ás 20:30 e inicio ás 21:00. A entrada será de balde.

A banda, integrada por George Elizondo (voz e guitarra), Chris Beroes-Haigis (violonchelo e efectos) e Vivi del Río (voz, teclados e sintetizadores), chega a Compostela despois de catro citas en Madrid, pechando así a súa primeira xira en España. O concerto permitirá coñecer a súa proposta sonora, definida como unha combinación de folk, art rock, post-punk e electrónica, con letras en inglés e español.

Recoñecidos coa Artist Residency 2024/25 do Material Institute de Nova Orleáns, The GET ten en marcha o seu primeiro álbum, titulado El Paraíso, que verá a luz a comezos de 2026. No repertorio que presentarán en Santiago destacan temas como ‘Del Viento’, ‘Get This’ ou ‘Canción Fantasma’, esta última cantada en español.

Segundo a prensa internacional, o grupo caracteriza o seu estilo por unir guitarras, violonchelo e teclados con bases electrónicas e voces cálidas. “Este trío de electro-folk afincado en Nova Orleáns sabe realmente como crear algo especial. O seu son resulta á vez fresco e familiar, e semella unha viaxe suave a través de distintos paisaxes musicais”, recolleu a revista Bored City.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here