InicioPOLÍTICAO PP critica a falta dun Plan de Xuventude en Santiago

O PP critica a falta dun Plan de Xuventude en Santiago

Os populares acusan ao goberno local de limitarse a accións illadas e de non atender ás demandas da mocidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago acusou ao executivo local de non desenvolver unha política clara en materia de xuventude, malia que o Pleno municipal aprobara por unanimidade a elaboración dun Plan Estratéxico.

O concelleiro popular Borja Rubio asegurou que existe “unha total ausencia de dirección política” neste ámbito e reclamou a posta en marcha dun Plan Municipal de Xuventude “participativo, transversal e ambicioso”, con medidas en emprego, vivenda, formación, voluntariado, lecer e cultura.

Rubio afirmou que “levamos dous anos vendo como a única proposta dos nacionalistas se resume en accións illadas sen rumbo, sen avaliación e sen impacto real”. O edil sostivo que a mocidade compostelá “segue invisible para quen goberna” e comparou a situación coa doutras cidades “onde se avanza mentres aquí seguimos no cartaz e na improvisación”.

O representante do PP tamén denunciou que non se coñecen medidas específicas de vivenda para a xente moza, malia ser unha das súas principais preocupacións. Engadiu que a oferta de lecer “non pode reducirse a actividades puntuais nun único lugar da cidade” nin a formación “a cursos illados sen continuidade”.

Segundo Rubio, o goberno local “prefire facer un acto conxuntural que sentar as bases dun proxecto de cidade para a xuventude”. Nesta liña, advertiu de que os barrios seguen sen programación nin acompañamento municipal, polo que demandou accións concretas e estables que dean resposta ás necesidades do colectivo.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here