InicioSANTIAGOO Concello anuncia cortes de tráfico e cambios no bus urbano por...

O Concello anuncia cortes de tráfico e cambios no bus urbano por obras de mantemento viario

As intervencións afectarán a varias rúas de Compostela entre o luns 25 de agosto e o xoves 4 de setembro, con cortes puntuais de tráfico e desvíos en liñas do transporte público

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago informou dunha nova quenda de obras de mantemento viario que comezarán o luns 25 de agosto e se prolongarán ata o xoves 4 de setembro. Os traballos, que consisten en fresado e posterior aglomerado, obrigarán a realizar cortes de tráfico en diferentes rúas da cidade e suporán tamén alteracións en varias liñas do bus urbano.

Segundo comunicou o executivo local, as persoas residentes poderán acceder aos seus domicilios durante o fresado, mais non será posible a circulación no momento de botar o aglomerado.

CORTES DE TRÁFICO PREVISTOS
  • Rúa das Mulas: entre a rúa do Tambre e o tanatorio municipal, cortada o luns 25 e o martes 26 de 08:00 a 19:00.

  • Rúa do Tambre:

    • Tramo cruzamento rúa das Mulas – vía De la Cierva, cortado o luns 25 e o mércores 27 de 08:00 a 19:00.

    • Tramo avenida do Cruceiro da Coruña – rúa do Río, cortado o martes 26 e o xoves 28 de 08:00 a 19:00.

  • Rúa dos Irmandiños: desde a baixada da praza de España ata Camiños da Vida, cortada o martes 26 e o xoves 28 de 08:00 a 19:00.

  • Rúa das Canteiras de Sar – Mouronzón: cortada o mércores 27, xoves 28, venres 29 de agosto e o luns 1 de setembro de 08:00 a 19:00.

  • Rúa da Estrada: entre travesa da Estrada e Restollal, pechada o xoves 28 (14:30-18:00) e o venres 29 (08:30-13:00).

  • Rúa do Restollal: corte parcial (dous de catro carrís) os días 1 e 2 de setembro, de 08:00 a 18:00; o día 2 tamén quedará cortada a rúa da Estrada.

  • Rúa da Muíña: entre a Vesada, Porto de Amio e Mariñeira, cortada o martes 2, mércores 3 e xoves 4 de setembro, de 08:00 a 19:00.

CAMBIOS NO TRANSPORTE URBANO

As obras afectan ás liñas 1, 8 e P2 do bus urbano, con desvíos e supresión dalgunhas prolongacións:

  • Luns 25: liña 8 con desvío no acceso ao tanatorio de Boisaca; a parada do tanatorio trasladarase á escola infantil do cruce anterior.

  • Martes 26: liñas 1, P2 e 8.

    • Liña 1: quedan suprimidas as prolongacións por Manuel María.

    • Liña P2: as prolongacións a Son entrarán polo polígono vía Edison; na volta, desviaranse pola rúa do Río.

    • Liña 8: mesmo desvío do día anterior cara o tanatorio.

  • Mércores 27: liña 8, con cortes no Tambre e no Río. As prolongacións ao tanatorio realizaranse con cambios de percorrido segundo horario de mañá (08:00-14:30) ou tarde (14:30-19:00).

  • Xoves 28: liñas 1 e P2 co mesmo esquema que o martes 26.

O Concello lembra que os desvíos e paradas alternativas poden consultarse na web de Tussa (www.tussa.org) e prégalle á veciñanza que desculpe as molestias.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here