InicioECONOMÍAO Concello amplía ata 2026 o prazo do concurso internacional de iluminación...

O Concello amplía ata 2026 o prazo do concurso internacional de iluminación da contorna da Catedral

A Xunta de Goberno local aprobou tamén contratos de obras en Marantes e no polideportivo do CEIP Pío XII, así como subvencións a entidades sociais e deportivas

Publicado o

Xornal de Compostela

A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno deu luz verde á ampliación de 10 meses no prazo de execución do contrato da oficina técnica do Concurso Internacional de Iluminación Artística e Ornamental da contorna monumental da Catedral de Santiago. A nova data de finalización será o 12 de xuño de 2026, debido a atrasos nos trámites administrativos previos ao lanzamento do certame.

Segundo Louzao, este concurso “está concibido como un certame pioneiro no ámbito do deseño lumínico urbano e patrimonial” e conta cun xurado internacional con figuras como o arquitecto David Chipperfield, a arquitecta Teresa Táboas, o historiador da arte Manuel Antonio Castiñeiras, o deseñador lumínico Roger Narboni e a editora Esther Torelló. A fase de recepción de proxectos está aberta ata o 19 de agosto, tras a que se escollerán seis finalistas que recibirán accésits de 15.000 euros para elaborar os seus anteproxectos técnicos. O gañador percibirá 100.000 euros e executará de forma piloto a súa proposta na Praza de Praterías.

No capítulo de contratación, a Xunta de Goberno aprobou o inicio do expediente para a dirección facultativa, coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico e control de calidade das obras de ampliación da rede de abastecemento aos lugares de Agualada e A Torre, en Marantes, cun orzamento de licitación de 51.635 euros e un prazo de execución de cinco meses. Tamén se autorizou a nova licitación das obras de reposición da estanqueidade na cuberta posterior do polideportivo do CEIP Pío XII, cun orzamento revisado de 99.494 euros, despois de que a primeira licitación quedase deserta en maio.

Ademais, concedéronse dúas licenzas urbanísticas: unha para a construción dunha vivenda unifamiliar na rúa de Sar e outra para a división dunha vivenda existente en dúas na rúa da Choupana.

No apartado de subvencións e convenios, aprobouse unha achega de 60.000 euros á Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia) para programas de atención a persoas con enfermidade mental e en risco de exclusión; 27.000 euros á Fundación Secretariado Gitano para o programa de inclusión Promociona; 5.000 euros ao Club Victoria e 65.000 euros á Sociedade Deportiva Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here