InicioMOV. SOCIAIS(VÍDEO) A Asociación de Pacientes denuncia un novo colapso nas urxencias do...

(VÍDEO) A Asociación de Pacientes denuncia un novo colapso nas urxencias do CHUS e sinala ata 13 pacientes graves nos corredores

O colectivo reclama medidas estruturais urxentes e responsabiliza á falta de cobertura na Atención Primaria do incremento da presión asistencial

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou este luns un novo episodio de colapso nas Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que segundo o colectivo afectou a un número elevado de persoas con patoloxías graves. A entidade asegura que ás 14:00 horas do 5 de agosto había 13 pacientes graves situados nos corredores do servizo, e que ás 16:00 aínda permanecían alí 10 destas persoas, mentres que 29 pacientes agardaban un ingreso hospitalario.

A asociación, que afirma contar con probas gráficas da situación, sostén que este tipo de episodios non son illados nin ocasionais, senón que obedecen a un “problema estrutural” no funcionamento do hospital, acentuado pola falta de reacción da administración sanitaria. “Só denunciamos os colapsos cando contamos con información fiable, pero son moitos máis dos que saen á luz”, afirman.

Segundo os datos ofrecidos polo propio Sergas, 480 persoas foron atendidas nas Urxencias do CHUS entre as 8:00 do domingo e as 8:00 do luns, e 71 delas requiriron ingreso hospitalario. A pesar diso, o organismo sanitario asegurou que ningunha das unidades hospitalarias superou o 90% de ocupación de camas, unha afirmación que a asociación cuestiona, ao considerar que existen demoras “inexplicables” nos ingresos mesmo cando hai espazos dispoñibles.

O colectivo atribúe tamén o aumento da presión asistencial ao peche de consultas e á redución de persoal nas áreas de Atención Primaria durante os meses de verán, o que estaría a provocar esperas excesivas para consultas ordinarias e derivacións innecesarias a Urxencias. Esta situación, advirten, agrávase especialmente nun contexto como o de Santiago e a súa contorna, con alta afluencia turística no verán.

“Non se reduce o número de persoas que precisan atención, senón todo o contrario”, sinalan, advertindo que a resposta da administración continúa a ser insuficiente. Denuncian tamén que se manteñen estratexias de ocultación e que as autoridades sanitarias seguen priorizando os indicadores estatísticos sobre a atención directa á cidadanía.

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volve pedir unha revisión urxente do modelo de atención, máis recursos humanos e materiais, e unha planificación estival que non implique recortes encubertos na capacidade asistencial do hospital. “Levamos anos advertindo do mesmo e a situación repítese cada verán, sen que se adopten solucións reais”, conclúen.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here