InicioECONOMÍASantiago incrementa nun 1,6% as estadías no primeiro semestre e consolídase como...

Santiago incrementa nun 1,6% as estadías no primeiro semestre e consolídase como líder turística en Galicia

A cidade supera a Vigo e A Coruña tanto en número de pernoctacións como na tarifa media, que medrou ata os 108 euros

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela continúa a consolidar o seu liderado turístico en Galicia. Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a cidade rexistrou un total de 696.085 estadías nos seis primeiros meses de 2025, o que supón un incremento do 1,6% con respecto ao mesmo período do ano anterior.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, valorou de forma positiva esta evolución: “A tendencia é ascendente e reflicte que estamos a camiñar cara un modelo turístico máis sostido e beneficioso para a cidade”. Louzao lembrou que xa en 2024 se acadaran cifras récord, polo que este novo crecemento demostra a consolidación de Compostela como destino.

A metade das estadías contabilizadas entre xaneiro e xuño foron de turistas internacionais, cun total de 365.132 pernoctacións procedentes doutros países, unha cifra semellante á do exercicio pasado. En concreto, maio e xuño superaron as 100.000 estadías internacionais cada un, o que reforza o peso deste segmento na dinámica turística local.

Esta presenza internacional ten un impacto directo sobre o gasto medio por visitante. A tarifa media por noite en xuño situouse nos 108,13 euros, un 8% máis que no mesmo mes de 2024. Esta cifra sitúa a Santiago por riba doutros destinos galegos: A Coruña, cunha tarifa media de 79,94 euros, e Vigo, con 77,63 euros.

Louzao destaca que este incremento “non só mellora os ingresos dos establecementos hoteleiros, senón que repercute tamén en sectores como o comercio, a hostalaría e os transportes”. A concelleira insiste na importancia de atraer visitantes que opten por pernoctar na cidade, fronte a modelos baseados exclusivamente en visitas de paso ou estadías curtas.

Os datos comparativos entre cidades galegas reflicten con claridade a posición de Compostela como destino principal: 696.085 estadías en Santiago fronte ás 479.519 da Coruña e ás 372.190 de Vigo no mesmo período.

O goberno local destaca que estas cifras confirman o acerto na aposta por un modelo que busca un equilibrio entre o atractivo turístico da cidade e a calidade de vida da súa veciñanza. A estratexia actual pon o foco na desestacionalización, na promoción de experiencias culturais e patrimoniais e na coordinación co sector turístico e comercial.

A concelleira sinala que os datos do INE “son un estímulo para continuar traballando nun modelo de turismo sustentable, no que Santiago non só sexa punto de chegada, senón tamén espazo de estancia e descuberta prolongada”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here