InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNRemata o campo internacional de voluntariado 'Monte Sacro' tras intervir no alxibe...

Remata o campo internacional de voluntariado ‘Monte Sacro’ tras intervir no alxibe do Pico Sacro

Quince mozos e mozas de distintos países traballaron durante dúas semanas no acondicionamento do alxibe da fortaleza medieval e na limpeza da contorna de San Xoán da Cova

Publicado o

Xornal de Compostela

O Castelo do Pico Sacro, situado no cume do Monte Ilicino, foi o escenario principal da segunda semana do campo internacional de voluntariado ‘Monte Sacro’, que este venres chegou ao seu remate. Ao longo de dúas semanas, quince persoas de entre 18 e 30 anos, procedentes de Madrid, Estremadura, Francia, Eslovaquia e outras rexións, participaron nesta iniciativa de recuperación patrimonial impulsada polos Concellos de Vedra e Boqueixón, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Os traballos centrados no Pico Sacro tiveron como obxectivo a limpeza e posta en valor do antigo alxibe da fortaleza, unha estrutura de orixe medieval directamente escavada na rocha. Con preto de catro metros de altura e unha capacidade de ata 65.000 litros de auga, esta cisterna constituía un elemento clave para a resistencia de calquera guarnición durante os conflitos da Idade Media. Segundo as fontes históricas, o castelo foi construído no século XII por orde da raíña Urraca de León, nun momento de tensión bélica co arcebispo compostelán Diego Xelmírez.

Ademais do alxibe, na zona aínda se conservan outros restos arquitectónicos da fortificación, como tramos da escaleira de acceso e muros defensivos, que foron tamén obxecto de limpeza e sinalización ao longo da intervención.

A primeira semana do campo estivo centrada en tarefas de eliminación de especies vexetais invasoras na contorna de San Xoán da Cova, no municipio de Vedra. Esta paraxe, situada á beira do Ulla, acolle unha ermida de orixe medieval vinculada tamén ao camiño xacobeo e ao patrimonio relixioso da comarca.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here