InicioSANTIAGOAMESO pleno de Ames aproba por maioría o pago de facturas atrasadas...

O pleno de Ames aproba por maioría o pago de facturas atrasadas e novas actuacións do POS+Adicional

Tamén saíron adiante acordos sobre festivos locais, sanción á antiga concesionaria do SAF e retirada de simboloxía franquista

Publicado o

Xornal de Compostela

A Corporación municipal de Ames celebrou o pleno ordinario de xullo con varios puntos destacados na orde do día, entre os que figuraba a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 279.967,02 euros, destinado a pagar gastos municipais do exercicio anterior. O punto foi aprobado por maioría simple, cos votos favorables do goberno local, o PP e o BNG, e coa abstención de Espazo Común.

Durante o debate, a concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, explicou que se trataba de facturas pendentes de servizos e obras sen cobertura contractual no ano 2024, pero necesarios para o funcionamento municipal. Tanto desde Espazo Común como desde o BNG cuestionouse a falta de planificación e a reiteración do uso desta fórmula orzamentaria, alertando sobre o uso abusivo de contratos menores en áreas como os comedores escolares.

Outro punto aprobado por unanimidade foi a fixación dos festivos locais para 2026, que serán o luns 6 de abril (Luns de Pascua) e o xoves 14 de maio (Ascensión). Tamén sen votos en contra se autorizou a compatibilidade dunha funcionaria para exercer unha actividade profesional privada.

Un dos acordos máis relevantes foi a tramitación do expediente para prohibir contratar durante tres anos coa empresa ‘Osventos innovación en servizos S.L.’, antiga adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Esta medida chega despois da resolución do contrato en abril por incumprimentos graves, incluíndo a perda dunha garantía de máis de 132.000 euros.

Durante este punto, realizouse unha lembranza a Teresa de Jesús Rodríguez González, traballadora do SAF no Porriño asasinada mentres prestaba o seu servizo. A concelleira de Servizos Sociais, Uxía García, insistiu na necesidade de mellorar a prevención de riscos laborais para as traballadoras do sector, mentres que outras intervencións lembraron a traxectoria de Ames en materia de protección laboral.

No apartado de investimentos, o pleno aprobou por maioría a participación na segunda fase do POS+Adicional 2/2025 da Deputación da Coruña, cun importe de 107.713,78 euros. Con estes fondos financiaranse dúas actuacións: a pavimentación de viario en Coira (67.317,07 €) e a instalación dun sistema de rega automática no centro de lanzamento de Ventín (40.396,71 €). O concelleiro Gustavo Nieto explicou que esta segunda fase permite incluír proxectos non previstos inicialmente.

Por último, aprobouse por maioría unha moción do BNG para retirar a simboloxía franquista do concello, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática. A proposta recibiu o apoio do grupo de goberno, do BNG e de Espazo Común, mentres que o Partido Popular votou en contra. A moción denuncia a existencia de elementos que vulneran a normativa estatal vixente, como placas, fontes ou cruceiros vinculados á ditadura.

A sesión, que comezou coa lectura dos decretos da Alcaldía desde o último pleno, pode consultarse íntegra na canle de YouTube do Concello de Ames.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here