InicioSANTIAGOAMESUCIN critica o atraso na posta en marcha da brigada de incendios...

UCIN critica o atraso na posta en marcha da brigada de incendios municipal en Ames

José Luis Calo acusa ao Goberno local de “improvisación” por non activar a contratación anticipada do persoal, malia contar con financiamento da Xunta dende maio

Publicado o

Xornal de Compostela

O coordinador de UCIN Galicia e candidato á alcaldía de Ames, José Luis Calo, denunciou publicamente a falta de operatividade da brigada municipal de prevención e extinción de incendios, que segundo lembra, xa debería estar en funcionamento nas datas actuais de verán.

Segundo expuxo a través dun comunicado, o Goberno local tivo a posibilidade de iniciar a contratación anticipada do persoal dende marzo, ao abeiro dunha nova vía habilitada pola Xunta de Galicia para este 2025, mais non o fixo. A resolución que confirmaba a concesión da subvención, sinala Calo, chegou en maio, e dende entón, “houbo tempo suficiente para completar calquera proceso de selección”.

Para o representante de UCIN, o feito de que a brigada municipal aínda non estea operativa non pode xustificarse como un atraso administrativo, senón como unha “irresponsabilidade” do equipo de goberno. “En lugar de actuar con previsión, o Goberno municipal esperou, improvisou e limitouse a presentar un plan nunha única reunión”, critica Calo, que pregunta abertamente “que impediu que se teñan xa catro persoas formadas e listas para actuar sobre o terreo”.

As críticas chegan nun momento no que as altas temperaturas e a seca incrementan o risco de incendios forestais na comarca, e cando xa se rexistraron incidentes de lume preto do territorio amesán. Neste contexto, UCIN insiste en que o municipio “non pode permitirse atrasos” na activación dos medios de protección e denuncia que a falta de acción “non é unha cuestión orzamentaria, senón de vontade política”.

Calo finaliza o seu comunicado lembrando que “isto non é política de partido”, senón unha cuestión de “seguridade, responsabilidade e coidado do ben común”, e reclama que se adopten medidas inmediatas para corrixir o que considera un erro de xestión nun servizo esencial en época de alto risco.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here