InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNMáis de cen persoas participan nas Noites Astronómicas no Pico Sacro con...

Máis de cen persoas participan nas Noites Astronómicas no Pico Sacro con observacións dirixidas polo catedrático Docobo

A actividade, organizada polo Concello de Boqueixón e o Observatorio Ramón María Aller, desenvolveuse nunha noite despexada e sen contaminación lumínica

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pico Sacro, un dos puntos máis emblemáticos e elevados do concello de Boqueixón, acolleu na tarde-noite do martes unha nova edición das Noites Astronómicas, unha actividade anual que organiza o Concello de Boqueixón en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. Máis dun centenar de persoas participaron nesta cita de carácter gratuíto, que combina divulgación científica, natureza e patrimonio.

O evento contou cunha meteoroloxía favorable, con temperaturas suaves e un ceo totalmente despexado, o que, unido á práctica ausencia de contaminación lumínica na contorna do Monte Ilicino, facilitou unhas condicións óptimas para a observación astronómica. O propio alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, destacou o éxito da convocatoria e animou a veciñanza e visitantes a continuar explorando o Pico Sacro durante o verán, ben a través das visitas guiadas de fin de semana, ben participando na próxima actividade do programa Correntes do Ulla.

Esta última, titulada ‘Ruta polo patrimonio oculto de Boqueixón’, terá lugar o sábado 17 de agosto entre as 10:30 e as 13:30, e incluirá un percorrido guiado pola contorna do Pico Sacro. A iniciativa está organizada polos concelleiros de Boqueixón e Vedra e é tamén de acceso libre para o público.

Durante a sesión astronómica, o público puido identificar a simple vista distintas constelacións grazas ás explicacións do catedrático emérito de Astronomía e Astrofísica da USC, José Ángel Docobo, quen dirixiu a actividade e achegou ao público ao coñecemento do ceo nocturno. A continuación, a observación continuou mediante dous grandes telescopios desprazados ata o lugar polo equipo do Observatorio, que permitiron contemplar en detalle corpos como a lúa, a estrela polar ou a osa maior.

As Noites Astronómicas 2025 forman parte dun programa máis amplo de divulgación científica e posta en valor do patrimonio natural, impulsado polo Concello de Boqueixón e a USC, con apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia e Innovación e outras entidades como Óptica Val.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here