InicioPOLÍTICASantiago acolle o Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos e reivindica o papel...

Santiago acolle o Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos e reivindica o papel da mocidade na política local

A tenenta de alcaldesa María Rozas destaca a experiencia compostelá como exemplo de implicación xuvenil nas contas públicas

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago converteuse en sede do Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos, un foro internacional que reúne representantes de distintos municipios do Estado español e de Portugal co obxectivo de compartir experiencias sobre democracia participativa e impulsar modelos de xestión nos que a cidadanía teña un papel activo nas decisións públicas.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, expresou o seu agradecemento pola elección de Compostela como sede do encontro, asegurando que representa unha oportunidade para dar a coñecer o traballo que se está a facer na cidade: “permitiranos compartir a nosa experiencia sobre os procesos dos orzamentos participativos, e aprender tamén do que están a facer noutros municipios de todo o Estado e de Portugal”.

Rozas salientou que os orzamentos participativos foron recuperados neste mandato na área de Xuventude, un ámbito no que o Concello está a observar unha crecente implicación do tecido mozo: “en cada edición vimos logrando unha maior implicación e un maior número tanto de propostas como de votos”. Para a tenenta de alcaldesa, este modelo serve para “situar á cidadanía no centro das decisións públicas” e, en particular, para conectar co sector xuvenil, “que moitas veces se sente afastado da institución municipal”.

O Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos naceu en 2012 coa intención de construír espazos de cooperación duradeiros entre territorios que apostan pola participación directa da cidadanía na definición do gasto público. Desde aquela primeira edición, celebrada en Odemira (Portugal), o foro ten pasado por outras localidades como Mollina (Málaga), Ponta Delgada (Azores), A Coruña, Cascais, Vic e Torres Vedras (Lisboa), converténdose nun referente internacional para administracións locais comprometidas cun modelo de gobernanza máis horizontal.

A edición compostelá do encontro ofrecerá mesas de debate, presentacións de boas prácticas e obradoiros específicos sobre ferramentas de participación e estratexias para fortalecer o compromiso cidadán coa vida pública, poñendo especial atención nos sectores que tradicionalmente teñen menos presenza nestes procesos, como a mocidade ou as persoas migrantes.

O evento consolida a aposta de Santiago por modelos innovadores de participación e amosa a vontade do goberno local de seguir fortalecendo a democracia municipal, integrando as voces da cidadanía desde a base e promovendo espazos de encontro entre territorios que avanzan nunha mesma dirección.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here