InicioCULTURA(VÍDEO) Exeria lanza novo EP e revoluciona o rock galego con influencias...

(VÍDEO) Exeria lanza novo EP e revoluciona o rock galego con influencias grunge e britpop

A banda galega combina novos estilos e gaña popularidade cunha axenda chea de concertos e lanzamentos innovadores

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Exeria, a prometedora banda galega que está a revitalizar a escena do rock, vén de publicar o seu último traballo ‘Sobre a independencia‘, un EP composto por cinco temas novos. Este lanzamento, que chegou ao público en marzo, segue amosando a capacidade do grupo para fusionar xéneros tan diversos como o grunge e o britpop, introducindo unha innovadora fórmula musical que captura a atención tanto de novos oíntes como de fieis seguidores.

Portada de Sobre a independencia – Exeria

‘A Costa de Frades’, un dos temas destacados deste EP, conta xa cun videoclip producido por Trece Amarillo, recoñecidos no ámbito musical por traballar con artistas de renome como Tanxugueiras ou Carlos Núñez. Este videoclip, que acompaña á canción que probablemente se converte nun himno para os seus fans, serve como unha perfecta representación visual da enerxía e paixón que Exeria pon en cada interpretación.

O ano 2023 foi especialmente frutífero para Exeria. Despois de tocar en directo nas catro provincias galegas e de gañar o concurso de bandas Trece Roeis Fest, a banda non só consolidou o seu lugar no panorama musical galego, senón que tamén ampliou o seu repertorio con singles exitosos como ‘Un novo nome‘ e ‘Ata que sexamos reis‘, ambos acompañados de videoclips que foron moi ben recibidos pola crítica.

Este 2024 promete ser aínda máis emocionante para o grupo. Exeria foi seleccionada para participar nas Sesions de Sobremesa, un formato acústico e en directo que remite ao estilo ‘Tiny Desk’. Neste espazo, a banda presentará dúas cancións inéditas con arranxos influenciados pola música tradicional, unha mostra máis da súa constante evolución e experimentación con novos sons e estilos.

ACTUACIÓN ESTE SÁBADO

Este sábado poderemos ver en directo á banda na Gentalha do Pichel, sito na rúa de Santa Clara. O concerto dará comezo ás 21:30 e a entrada terá un prezo de 6 euros (5 euros para socias). Este será o debut da banda na cidade de Santiago, logo de ter xa actuado en Ourense a pasada semana, unha cidade onde este grupo xa acadou recoñecemento entre a comunidade da música rock.

Exeria ten programadas actuacións por moitos outros lugares de Galicia, percorrendo as catro provincias antes da fin deste ano, con actuacións en Vigo, Lalín, Lugo ou Redondela.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here