InicioPOLÍTICAO PP denuncia actos de vandalismo na súa sede e reclama ao...

O PP denuncia actos de vandalismo na súa sede e reclama ao BNG que condene os feitos

A formación popular presentou unha denuncia ante a Policía Nacional e vincula a protesta a integrantes do BNG e da CIG

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago de Compostela denunciou hoxe publicamente os actos de vandalismo rexistrados na súa sede o pasado mércores 25 de xuño. Nunha rolda de prensa ofrecida polos representantes populares José Ramón de la Fuente e Adrián Villa, a formación conservadora asegurou que un grupo de persoas protagonizou un “escrache” fronte ás instalacións do partido, que estaban pechadas nese momento, e esixiu ao Bloque Nacionalista Galego que condene os feitos.

Adhesivos do BNG que apareceron na sede do PP local – PP de Santiago
Colectivo do BNG fronte á sede do PP local – PP de Santiago

Segundo explicou De la Fuente, os participantes na acción “arrancaron cartelería política do Partido Popular” situada na entrada da sede e deixaron pegadas “pegatinas e mensaxes propias” nas reixas e na fachada. A formación presentou ante os medios fotografías e vídeos nos que, segundo indicaron, se pode identificar a persoas portando “bandeiras coa imaxe do BNG e da CIG”.

De la Fuente subliñou que as imaxes permiten comprobar “como se concentran diante da sede, arrancan os carteis do PP e poñen os seus propios”. Por este motivo, anunciou que xa presentaron unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional en Santiago, porque “non van tolerar ningún tipo de intento de amedrentamento, presión, chantaxe ou violencia”.

Pola súa banda, Adrián Villa lamentou que “o goberno do BNG non condenase estes feitos no Pleno Municipal”, ao que cualificou dunha “oportunidade perdida” por parte da alcaldesa Goretti Sanmartín para actuar como “rexedora de todos os composteláns”. O portavoz popular considerou que se trata dun “ataque violento” e esixiu unha resposta clara por parte do BNG.

“Pedimos ao BNG que investigue se as persoas que participaron pertencen ao seu partido e, se é así, que o comuniquen á Policía Nacional e que as expulsen da organización”, afirmou Villa. Engadiu que este tipo de accións supoñen unha “vulneración da convivencia democrática” e que lonxe de intimidar ao PP, serven para reforzar o seu compromiso co pluralismo político e co traballo “por Santiago e polos santiagueses”.

A formación conservadora reiterou que non permitirá ningún tipo de coacción e que manterá a súa actividade política con firmeza, en defensa do que consideran os valores democráticos e o respecto institucional. Por agora, nin o BNG nin as organizacións aludidas responderon publicamente ás acusacións lanzadas polos populares.

ÚLTIMAS

Acuaes e o Concello desmenten un novo vertido da depuradora de Silvouta ao río Sar

A presenza dunha espesa escuma branca nas augas do río Sar, ao seu paso...

O Concello de Boqueixón inicia dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

O Concello de Boqueixón deu comezo ás obras para a construción de dúas novas...

O Concello de Santiago inicia negociacións cos sindicatos para desbloquear situación de bombeiros e policías

O Concello de Santiago convocou este venres unha reunión de traballo cos sindicatos CC.OO,...

UCIN acusa ao Goberno local de “deixamento” ante o caos circulatorio en Milladoiro

A formación UCIN Ames, a través do seu coordinador José Luis Calo, criticou este...

O Goberno local licita a conexión de Lavacolla á rede de auga e ratifica o convenio do vidro

A Xunta de Goberno Local deste 3 de novembro aprobou varios acordos cun impacto...

A Xunta insiste nas “carencias do informe” para denegar a zona tensionada de vivenda en Compostela

O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, xustificou...

O PSOE celebra que Santiago contará cun sistema municipal para garantir a accesibilidade en todas as obras públicas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago puxo en valor a aprobación plenaria da súa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here