InicioPOLÍTICAO BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

A formación nacionalista celebrará en Santiago unha xornada para debater propostas fronte á escalada de prezos e o aumento da desigualdade no acceso á vivenda

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas para facer fronte á crise de acceso á vivenda, centradas na creación dun parque público baseado no alugueiro e non na venda, como medida estrutural para garantir unha oferta habitacional “estable e suficiente”. A cita terá lugar na Casa das Máquinas, nunha xornada de debate que contará coa participación de diversos perfís políticos e profesionais do sector.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, encabezará o acto xunto coa arquitecta e exconselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, quen ocupou o cargo entre 2005 e 2009 no Goberno galego. No programa tamén están previstas intervencións de expertos universitarios, xestores de cooperativas de vivenda, representantes de entidades sociais que traballan pola inclusión, e responsables políticos do propio BNG.

A deputada nacionalista Alexandra Fernández advertiu da gravidade da situación actual, que cualificou como “unha das maiores crises de acceso á vivenda” en décadas. “Nunca se construíu tanta vivenda e nunca foi tan difícil acceder a ela”, sinalou, asegurando que esta realidade “agranda a brecha entre quen non ten patrimonio e quen si o ten”, converténdose así “no maior mecanismo de desigualdade social do momento”.

A través desta iniciativa, o BNG pretende “arroxar luz sobre esta crise” e formular solucións concretas que contrasten coa “falta de resposta do goberno do PP”, ao que acusa de non actuar fronte á escalada dos prezos do alugueiro. Fernández insistiu en que o “goberno alternativo do BNG ten claro que a vivenda é unha prioridade” e que debe ser tratada como “un ben esencial ao que deben poder acceder todos os galegos”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here