InicioSANTIAGOVEDRAA piscina de Vedra abre este martes para a tempada de verán...

A piscina de Vedra abre este martes para a tempada de verán 2025

O recinto municipal de Fornelos permanecerá operativo ata o 31 de agosto con diferentes tarifas e bonos para veciñanza e visitantes

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A piscina municipal de Vedra, situada no lugar de Fornelos, abrirá as súas portas este martes 1 de xullo, dando comezo á tempada de baño que se estenderá ata o 31 de agosto. O recinto funcionará en horario de 15:00 a 21:00 de luns a venres, mentres que as fins de semana e festivos o acceso estará dispoñible desde as 16:00 ata as 21:00.

O Concello de Vedra mantén unha estrutura de tarifas diferenciada segundo o empadroamento. As persoas empadroadas no municipio poderán acceder con prezos reducidos: entrada gratuíta para menores de 6 anos, 1 euro para menores de 14 e maiores de 65, e 2 euros para o resto. Pola súa parte, os usuarios non empadroados deberán abonar 1 euro no caso de menores de 6 anos, 2 euros para menores de 14 e maiores de 65, e 3 euros para maiores de 14 anos.

Para quen opte por facer uso habitual das instalacións, están dispoñibles bonos de 12 ou 20 baños, cunha tarifa que varía tamén segundo a idade e se a persoa está ou non empadroada. Por exemplo, un menor empadroado pode adquirir un bono de 20 baños por 8 euros, fronte aos 16 euros que pagaría un menor non empadroado polo mesmo número de accesos. Os bonos para persoas adultas oscilan entre 10 e 30 euros.

Ademais, ofrécense abonos individuais e familiares. As familias empadroadas en Vedra poderán acceder durante toda a tempada por 36 euros, mentres que as de fóra do municipio deberán pagar 100 euros. No caso dos abonos individuais, os prezos son de 30 euros para persoas empadroadas e 80 euros para as non empadroadas.

Un ano máis, a piscina organiza tamén cursos de natación dirixidos tanto a menores como a adultos. A inscrición farase na propia piscina durante a primeira semana de apertura, e será preciso contar cun abono individual ou familiar. O custo dos cursos é de 7 euros para menores de 14 anos e 13 euros para maiores.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un camioneiro falece tras saírse da vía na AP-53 ao seu paso por Vedra

Un camioneiro faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na AP-53, ao seu...

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here