InicioSANTIAGOO carril bici da rúa Roma entra en funcionamento tras a súa...

O carril bici da rúa Roma entra en funcionamento tras a súa reordenación e conexión co de San Lázaro

A intervención permite gañar espazo para bicicletas, mellorar o aparcamento e habilitar unha zona “Bico e Vai” para o alumnado do CEIP das Fontiñas

Publicado o

Xornal de Compostela

O novo carril bici da rúa Roma xa está plenamente operativo despois de completarse os traballos de instalación dos elementos separadores que delimitan fisicamente o espazo reservado para bicicletas. A actuación forma parte da estratexia da Concellería de Mobilidade para promover desprazamentos sostibles e seguros, e conecta directamente co itinerario ciclista habilitado pola Xunta de Galicia en dirección ao barrio de San Lázaro, ao tempo que enlaza cos carrís xa existentes nas Fontiñas.

A intervención baseouse nun aproveitamento do ancho da calzada, especialmente no sentido de subida cara San Lázaro. Neste tramo, o novo carril bici quedou situado entre a zona de aparcamento e a beirarrúa, co que se xera unha barreira de protección fronte ao tráfico motorizado. En sentido contrario, cara ao centro da cidade, optouse por reorganizar os estacionamentos en espiña de peixe, o que permitiu case duplicar as prazas dispoñibles.

Unha das novidades máis salientables é a creación dunha zona de parada rápida “Bico e Vai” nas inmediacións do CEIP das Fontiñas, pensada para facilitar o acceso do alumnado aos centros escolares nos horarios de entrada e saída. Este espazo conta con 27 prazas delimitadas que só se poderán empregar temporalmente durante esas franxas horarias.

O acondicionamento do carril bici completouse coa instalación de elementos separadores cedidos pola empresa Zicla, nun xesto de colaboración con Compostela como cidade anfitrioa do 21º Congreso Ibérico ‘A bicicleta e a cidade’, organizado por ConBici. As persoas participantes neste encontro realizaron unha visita técnica á rúa Roma para avaliar sobre o terreo a funcionalidade e seguridade da nova infraestrutura.

Con esta actuación, o goberno local dá un novo paso no desenvolvemento dunha rede ciclable conectada, que busca integrar os distintos barrios da cidade mediante vías seguras e accesibles para as persoas que se desprazan en bicicleta.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here