InicioSANTIAGOA USC transforma xurros en biofertilizantes e reduce un 22% as emisións...

A USC transforma xurros en biofertilizantes e reduce un 22% as emisións con tecnoloxía pioneira

O sistema, baseado na dixestión anaerobia e nun modelo circular, permite reutilizar ata o 92% dos nutrientes e reducir os custos do transporte nun 23%

Publicado o

Xornal de Compostela

Investigadores da Escola Politécnica Superior de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela (USC), desenvolven un sistema innovador para a valorización dos xurros e residuos agroindustriais, centrado na produción de biofertilizantes de alta calidade. Este modelo, baseado nos principios da economía circular, enmárcase nos proxectos ‘Agromanure’ e ‘Agrores’, impulsados pola USC e financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

O sistema ten como obxectivo reducir o impacto ambiental derivado da aplicación directa de residuos en solos e augas, así como as emisións de gases de efecto invernadoiro. Para conseguilo, aposta pola dixestión anaerobia, un proceso biolóxico que permite obter produtos máis estables e ecolóxicos, cun 35% máis de carbono e 30% menos pegada de carbono respecto a métodos convencionais. Ademais, a dixestión xera biogás, contribuíndo a mellorar a viabilidade enerxética da proposta.

Un dos principais resultados acadados é a transformación do 92% dos nutrientes dos xurros en fertilizantes reutilizables, reducindo ao tempo os custos de transporte nun 23% grazas á integración dun Sistema de Apoio a Decisións Espaciais (SDSS). Esta plataforma geoespacial, pioneira en Europa, combina datos loxísticos, agronómicos e lexislativos para planificar a xestión eficiente dos residuos agroindustriais.

Na parte experimental, os biofertilizantes desenvolvidos demostraron un incremento do 40% no fósforo dispoñible nos solos tratados, e a súa aplicación controlada supón unha redución do 22% nas emisións de gases de efecto invernadoiro e amoníaco, en comparación coa inxección directa de xurros.

Os grupos da USC implicados no proxecto pertencen ás áreas de Química Analítica, Sistemas de Información Territorial, Uxafores e Economía Financeira, e traballan en colaboración cun consorcio no que participan Sologas, Fundación Infiar, Aira, Agaca, Intacta, Millo e Landras e o instituto Irnas-CSIC.

Segundo indicou o investigador Agustín Merino, os traballos encamíñanse agora á fase decisiva do proxecto, que se estenderá ata 2028. Nesta etapa, os equipos buscarán optimizar a planta piloto e certificar os biofertilizantes obtidos, de cara á súa escalada industrial. Para iso, será esencial “establecer alianzas público-privadas que permitan facer viable este modelo de economía circular, tanto desde o punto de vista ambiental como económico”, afirmou.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...

Os Campamentos de Arnela reúnen este verán a máis de 230 menores no programa Cativos de Cáritas

Os Campamentos de Arnela, promovidos por Cáritas en Santiago de Compostela a través do...