InicioSANTIAGOVEDRAA innovación colaborativa protagoniza a 'Local Creative Jam' de Vedra

A innovación colaborativa protagoniza a ‘Local Creative Jam’ de Vedra

A Cámara de Comercio de Santiago impulsa propostas sostibles e innovadoras arredor da economía azul e o territorio rural

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela reuniu os días 6 e 7 de xuño a emprendedores, profesionais do deseño e veciñanza de Vedra na Local Creative Jam, un encontro de innovación colaborativa no Centro de Emprendemento ‘A Estación’, no marco do proxecto europeo ATLANTIC INNOBLUE COMMUNITIES (ATLIC). A iniciativa, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Interreg Espazo Atlántico, procura activar novos modelos de desenvolvemento local con base na creatividade, a economía azul e o aproveitamento sostible dos recursos naturais.

Durante dous días, os participantes traballaron en equipos para dar resposta a retos vinculados ao desenvolvemento sostible, a valorización do ecosistema fluvial do Ulla e o impulso de modelos de xeración enerxética limpos para o rural galego. Para iso, contaron con actividades formativas e obradoiros que axudaron a enfocar as propostas desde a innovación tecnolóxica e ambiental. Entre eles destacaron as sesións de Rubén Villasenín Iglesias, da Asociación AMABUL, cun taller sobre ameazas ambientais, e Asier Epelde Piñeiro, cunha introdución práctica ao uso da intelixencia artificial en proxectos creativos.

O evento pechouse coa presentación pública dos proxectos diante dun xurado especializado integrado por Juan Manuel Cernadas Méndez (Concelleiro de Deportes e Novas Tecnoloxías), Pablo López Pérez (facilitador de procesos en Implicatum) e Belén Mendoza (responsable de Proxectos Europeos na Cámara).

O proxecto gañador foi ‘MAPA’, unha proposta baseada na eliminación de especies invasoras no río Ulla para a súa transformación en materiais orgánicos útiles para a construción e o deseño de xoguetes. O obxectivo é dobre: recuperar o ecosistema fluvial e reducir o uso de plásticos, promovendo unha economía circular dende o local.

O segundo premio foi para o equipo CACTUS, que ideou un sistema híbrido de xeración de enerxía limpa combinando o movemento da auga e a luz solar. A proposta, pensada para responder a situacións de vulnerabilidade enerxética, inspirouse nas consecuencias dun apagón e aposta pola autosuficiencia eléctrica en zonas rurais.

Ademais dos premios en material electrónico, os equipos premiados foron seleccionados para participar na International Creative Jam que se celebrará en Irlanda, onde poderán dar a coñecer os seus proxectos nun contexto europeo e seguir desenvolvendo solucións creativas co apoio da rede ATLIC.

ÚLTIMAS

Sanmartín xustifica a demora na taxa turística, alegando que “hai que escoitar ao sector”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xustificou este luns que o prazo para a...

O Concello esixe á familia Franco que asuma os custos do traslado das estatuas do Mestre Mateo

O Concello de Santiago deu este luns un paso importante na recuperación das estatuas...

Santiago converteuse no escaparate do queixo galego no Cheese Market Tour

O claustro da Hospedaría de San Martín Pinario, no corazón de Santiago de Compostela,...

A piscina do Milladoiro continúa pechada por reparacións tras o desprendemento do liner

A piscina municipal do Milladoiro, no concello de Ames, segue pechada tras a incidencia...

A piscina de Vedra abre este martes para a tempada de verán 2025

A piscina municipal de Vedra, situada no lugar de Fornelos, abrirá as súas portas...

Excarceran a un condutor en Vedra que saíu da vía e caeu por un terraplén

Un home tivo que ser excarcerado este sábado tras saírse da vía e caer...

Rouban a plena luz do día portas e xanelas dun local público de Vedra

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro (Ames) investigou a dous homes, veciños da Coruña...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here