InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames celebra o Día do Orgullo LGBTIQ+ con actividades...

O Concello de Ames celebra o Día do Orgullo LGBTIQ+ con actividades familiares no Milladoiro

A programación inclúe obradoiros creativos, música e unha Holi Party para visibilizar a diversidade no Paseo da Igualdade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ cunha programación especial o sábado 28 de xuño no Paseo da Igualdade do Milladoiro, organizada pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade. As actividades comezarán ás 11:00 coa lectura do manifesto institucional, un acto simbólico co que se busca dar voz a representantes do colectivo local e reivindicar o dereito á diversidade.

Tras esta intervención, farase entrega do premio do concurso fotográfico LGBTIQ+, enmarcado na campaña ‘Ames a quen ames, faino con orgullo’, que promove o recoñecemento da pluralidade afectiva e sexual na sociedade amesá. Ao longo da mañá desenvolveranse tamén obradoiros para todos os públicos, pensados para favorecer a participación interxeracional en actividades creativas e lúdicas.

Entre as propostas destacan os talleres de pintura de bolsas, decoración de pedras, elaboración dun mural colectivo, confección de pulseiras e espetadas de lambonadas, actividades que procuran tanto o entretemento como a reflexión arredor da diversidade. Para pechar a xornada, arredor das 12:30, está prevista unha Holi Party, na que se utilizarán os cores da bandeira LGBTIQ+ como elemento de visibilización e celebración.

Durante a presentación da programación, a concelleira Uxía García sinalou que “un ano máis o concello de Ames súmase á celebración do 28 de xuño para visibilizar ao colectivo LGBTIQ+ e convidar a toda a veciñanza a participar nunha xornada inclusiva”. Pola súa banda, a técnica municipal Mónica Antelo subliñou que as actividades están deseñadas para facilitar a participación de toda a familia e rematarán cunha acción simbólica na que “se visibilizarán todas as cores da bandeira”.

O Concello insiste así no seu compromiso coa igualdade e a loita contra a discriminación, reforzando espazos de convivencia que recoñezan a pluralidade de identidades e orientacións sexuais no ámbito local. A cita no Milladoiro consolídase como un dos actos centrais desta reivindicación no municipio.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here