InicioPOLÍTICAO PSdeG levará ao pleno de Santiago unha proposta para que a...

O PSdeG levará ao pleno de Santiago unha proposta para que a Xunta acepte os fondos estatais de vivenda

Sindo Guinarte reclama compromisos firmes do goberno galego para facilitar a construción de vivenda pública en colaboración cos concellos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Santiago anunciou este domingo que presentará unha proposición no pleno do 26 de xuño para instar á Xunta de Galicia a aceptar os fondos do novo Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, ofrecidos polo Goberno central. O voceiro socialista, Sindo Guinarte, defendeu esta iniciativa como unha oportunidade clave para incrementar o parque público de vivenda en Galicia e, en particular, en Santiago de Compostela.

Segundo explicou Guinarte, a proposta responde ao rexeitamento inicial do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a esta liña de financiamento, expresado na Conferencia de Presidentes celebrada o pasado 6 de xuño. O plan estatal prevé unha achega de 380 millóns de euros para Galicia, cos que se poderían construír 4.000 vivendas públicas.

Non foi comprensible ese primeiro rexeitamento”, declarou o voceiro municipal, quen valorou de forma positiva o cambio de postura amosado polo presidente galego nos últimos días. Con todo, Guinarte considera que a Xunta debe asumir compromisos concretos, como elevar ata o 40% o seu financiamento directo da vivenda pública, e poñer en marcha un novo Plan Galego de Vivenda en colaboración coas administracións locais.

O portavoz socialista salientou ademais que o novo Plan Estatal inclúe medidas estruturais relevantes, como a blindaxe do parque público fronte á especulación inmobiliaria e mecanismos de control da transparencia dos prezos de mercado. A este respecto, sinalou que a cidade de Santiago debería ter un papel protagonista na demanda e esixencia da súa aplicación.

Actualmente, en Santiago de Compostela hai máis de mil persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda, o que para Guinarte evidencia a necesidade urxente de aumentar a oferta pública. O grupo socialista considera que estes fondos constitúen unha oportunidade estratéxica que non pode desaproveitarse, e que require da implicación activa da Xunta xunto aos concellos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here