InicioPOLÍTICAO PP de Santiago acusa ao BNG de desinterese polo atraso na...

O PP de Santiago acusa ao BNG de desinterese polo atraso na licitación do Orbitaliño

A concelleira popular Olaya Otero insta o goberno local a presionar ao Ministerio para iniciar de inmediato as obras da nova conexión viaria industrial

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, denunciou este luns o retraso na licitación da infraestrutura viaria do Orbitaliño, unha conexión chamada a mellorar as comunicacións entre os polígonos industriais da cidade e que, segundo a representante popular, continúa “totalmente paralizada” un ano despois do seu anuncio.

A obra, que foi presentada polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible durante a inauguración do Orbital, debería estar xa licitada, segundo os compromisos adquiridos daquela. Porén, Otero critica que non houbo avances significativos, e atribúe esta situación a unha “falta de interese” por parte do goberno municipal, liderado polo BNG, formación que comparte responsabilidades co Executivo central.

Os composteláns seguimos esperando por unha infraestrutura fundamental para o desenvolvemento económico e industrial da cidade“, afirmou a edil. Ademais, sostén que esta demora está a prexudicar o tecido produtivo da comarca, xa que “sen unha rede viaria eficaz será imposible atraer investimento empresarial” e avanzar na diversificación económica que precisa Santiago.

A conexión do Orbitaliño está pensada para unir os polígonos da Sionlla e Costa Vella coa N-550, facilitando tamén o acceso á variante de Aradas e á estrada de Carballo. Segundo Otero, trátase dunha actuación estratéxica que debería ser prioritaria para calquera goberno local que se preocupe polo futuro económico de Compostela.

A popular acusou ao BNG de non ter un proxecto claro para o sector industrial, malia levar dous anos no goberno local, e reprochou que non se coñeza ningunha planificación concreta nin medidas para mellorar o estado dos polígonos industriais do concello.

Finalmente, pediu ao executivo municipal que “asuma as súas responsabilidades” e reclame aos seus socios do Goberno estatal o cumprimento dos compromisos adquiridos coa cidade. “Dispor de infraestruturas axeitadas e ben conectadas é fundamental para atraer investimento e fomentar o desenvolvemento industrial”, concluíu Otero.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here