InicioPOLÍTICASumar Galicia aproba o seu protocolo de federación con Sumar estatal

Sumar Galicia aproba o seu protocolo de federación con Sumar estatal

A Coordinadora Nacional deu luz verde a un acordo que garante autonomía política plena e participación nos órganos estatais do espazo político común

Publicado o

Xornal de Compostela

O Movemento Sumar Galicia aprobou este sábado, na súa reunión da Coordinadora Nacional, o Protocolo de Federación co espazo estatal de Movimiento Sumar. O documento regula as bases da súa relación política en termos organizativos, electorais e económicos, e será agora sometido a debate no órgano correspondente de ámbito estatal.

Segundo explicou o secretario xeral, Paulo Carlos López, trátase dun paso fundamental que “nos garante autonomía política plena e á vez integración nos órganos estatais”. O texto recolle o recoñecemento da soberanía organizativa de Sumar Galicia, ao tempo que asegura a súa participación funcional e política no marco común estatal.

O protocolo baséase nos principios de lealdade e cooperación, segundo recolle a formación. “Queremos un Estado plurinacional e para iso construímos unha organización plurinacional”, afirmou o propio Paulo Carlos López ao remate da sesión.

Este movemento prodúcese no contexto de consolidación do espazo político de Sumar en Galicia, onde a formación busca reforzar o seu perfil autonómico, mantendo a conexión co proxecto político estatal liderado por Yolanda Díaz. Con este acordo, Sumar Galicia aspira a manter voz propia nas decisións que afecten ao conxunto do Estado, sen renunciar á súa identidade territorial.

ÚLTIMAS

O PP acusa ao goberno do BNG de vetar por segundo ano a concentración de coches clásicos no Obradoiro

O Club Galego de Automóbiles Antigos volverá quedar fóra das celebracións do Apóstolo en...

O Arcebispo inaugura en Santiago a escultura ‘Homeless Jesus’, símbolo da compaixón cos excluídos

O xardín da Oficina de Acollida do Peregrino, en Santiago de Compostela, conta desde...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para...

Sanmartín xustifica a demora na taxa turística, alegando que “hai que escoitar ao sector”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xustificou este luns que o prazo para a...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para...

Rueda celebra o 90 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado na Xornada de portas abertas...

O PSOE afea ao Goberno local non querer facer outro diagnóstico para a zona de vivenda tensionada

O PSdeG de Santiago afeou ao Goberno local que a súa "primeira resposta" á petición de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here