InicioDEPORTESO PP acusa o Concello de Santiago de suspender a final da...

O PP acusa o Concello de Santiago de suspender a final da Copa de fútbol por non mercar os trofeos

José Ramón de la Fuente atribúe a situación a unha “nefasta planificación” e critica a falta de persoal na área de Deportes

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago acusou este xoves ao goberno local, liderado polo BNG, de suspender a final da Copa de Santiago por non ter comprado a tempo os trofeos que debían entregarse ao rematar o encontro. A denuncia foi feita polo concelleiro popular José Ramón de la Fuente, quen cualificou de “surrealista” a situación vivida pola Concellería de Deportes, que comunicou a suspensión tan só dous días antes do partido previsto entre o CD Belvís e o Amio SD, que se ía disputar o pasado domingo 16 de xuño.

Segundo De la Fuente, os clubs recibiron a notificación do aprazamento “dous días antes da data anunciada” debido a que “se esqueceron de mercar os trofeos que debían entregarse aos participantes”. O concelleiro salientou que o papel do goberno local limitábase a garantir o campo de fútbol e a entrega de trofeos e medallas, pois todo estaba xa organizado pola Federación Galega de Fútbol e os propios clubs.

O edil criticou o funcionamento da área de Deportes, que considera “moi mal planificada” por agrupar competencias como deportes, festas, rural, relacións veciñais e a UMAD, unha combinación que, ao seu xuízo, evidencia o pouco interese do executivo por estas áreas. Tamén denunciou a falta de persoal, que considera insuficiente para atender o tecido deportivo compostelán.

Nun momento no que o goberno municipal fai balance dos seus dous anos de mandato, o concelleiro popular asegurou que en materia deportiva “non hai nada do que presumir”. Segundo dixo, moitas das obras previstas están sen iniciar ou acumulan atrasos significativos.

De la Fuente concluíu denunciando que o executivo está a “errar na determinación de prioridades”, xa que, mentres mantén infradotadas áreas esenciais como Deportes ou os cadros da Policía Local e extinción de incendios, crea postos de alta dirección e asesoramento que, segundo afirmou, “se cobren a dedo entre persoas da súa lista electoral”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

O Compos arrinca o 2026 cunha vitoria a domicilio e mantén a portería a cero

A SD Compostela iniciou o ano 2026 do mesmo xeito que pechara o anterior,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here