InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOReaccións á restitución das estatuas: "é o traballo de moita xente" di...

Reaccións á restitución das estatuas: “é o traballo de moita xente” di o exasesor xurídico do Concello de Santiago

O Goberno galego celebrou este xoves a sentenza do Tribunal Supremo (TS) que determina que dúas estatuas atribuídas ao Mestre Mateo que estaban en poder da familia do ditador Francisco Franco sexan restituídas ao Concello de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

“É un éxito de moita xente, do traballo de varios equipos, gobernos, grupos e expertos”. É a mensaxe que quere deixar Manuel Cutrín Domínguez, quen era xefe da Asesoría Xurídica do Concello de Santiago no momento no que se articulou o recurso contra a sentenza da Audiencia de Madrid que desestimaba a petición á familia de Francisco Franco de que fosen restituídas dúas estatuas atribuídas ao Mestre Mateo.

Tanto é así que, en declaracións a Europa Press, Cutrín, que deixou fai uns tres meses a dirección da Asesoría Xurídica no Consistorio compostelán, destacou con especial intensidade o traballo feito no seu mesmo cargo por Xaquín Monteagudo durante o mandato de Martiño Noriega, dado que a demanda inicial do Concello de Santiago para tratar de recuperar esas estatuas data de 2017.

BESTEIRO

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, celebrou a sentenza do Tribunal Supremo (TS) que condena á familia do ditador Francisco Franco a restituír ao Concello de Santiago as esculturas de Abraham e Isaac atribuídas ao Mestre Mateo que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral.

“Alegrámonos moito pola sentenza e que as estatuas volvan ao sitio do que nunca deberon saír”, trasladou en declaracións a Europa Press.

O dirixente socialista puxo en valor este fallo e outros casos como o do Pazo de Meirás cos que “se está restituíndo ao patrimonio público bens que foron directamente expoliados” polo franquismo.

DELEGADO DO GOBERNO

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, celebrou a sentenza do Tribunal Supremo (TS) que obriga aos herdeiros de Francisco Franco a restituír dúas estatuas do Mestre Mateo ao Concello de Santiago.

“Máis boas noticias para Santiago: o Supremo obriga á familia Franco a devolver as esculturas de Abraham e Isaac ao Concello”, sentencia Blanco, nunha mensaxe difundida no seu perfil da rede social ‘X’. “Patrimonio recuperado e memoria restituída”, asevera.

ANA PONTÓN

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, celebrou a sentenza do Tribunal Supremo que condena á familia do ditador Francisco Franco a restituír ao Concello de Santiago de Compostela as estatuas de Abraham e Isaac atribuídas ao Mestre Mateo e que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral.

“Por fin as estatuas expoliadas polo Franco volven ao seu lexítimo dono: o pobo galego”, destacou a líder nacionalista nunha mensaxe na rede social ‘X’.

Ademais, Pontón reivindicou que o BNG estivo “sempre á beira das persoas colectivos e institucións, sobre todo do concello de Santiago”, que “pelexaron para lograr xustiza”. “Toca celebrar e seguir loitando”, aseverou.

XUNTA: CELEBRA A RESTITUCIÓN AO CONCELLO DE SANTIAGO

O Goberno galego celebrou este xoves a sentenza do Tribunal Supremo (TS) que determina que dúas estatuas atribuídas ao Mestre Mateo que estaban en poder da familia do ditador Francisco Franco sexan restituídas ao Concello de Santiago.

“É unha boa noticia para os intereses de Galicia que o Tribunal Supremo acordase que as estatuas de Abraham e Isaac deben estar no lugar para o que foron creadas”, trasladaron fontes da Consellería de Cultura consultadas por Europa Press.

O departamento que dirixe José López Campos remarcou que o Goberno galego “está e estivo sempre a disposición” do Ayuntameinto de Santiago para “sumar esforzos á hora de defender o patrimonio dos galegos”.

Con este fin, lembra que se creou un grupo de traballo entre ambas as institucións conformado por expertos e especialistas no ámbito xurídico e histórico conformado por expertos e especialistas no ámbito xurídico e histórico para analizar as evidencias documentais ao redor das figuras, e abordar vías de actuación conxuntas desde o punto de vista xudicial.

A Xunta lembrou, ademais, que as estatuas do Mestre mateo gozan da máxima protección grazas á declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) aprobada en 2019, o que evitou o seu traslado e que estes bens continuasen vinculados ao patrimonio cultural de Galicia.

 

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here