InicioECONOMÍAParalizan as obras da Intermodal de Santiago para denunciar a negativa da...

Paralizan as obras da Intermodal de Santiago para denunciar a negativa da patronal da construción a negociar

A CIG, sindicato maioritario do sector en Galicia, reclama abrir unha vía galega de negociación ao amparo do cambio lexislativo que outorga prioridade aos convenios autonómicos fronte aos estatais

Publicado o

Xornal de Compostela

As obras da estación intermodal de Lugo víronse interrompidas durante unha hora este xoves ao mediodía por unha acción simbólica protagonizada por delegados e delegadas da CIG-Construción e Madeira (FCM-CIG).

O sindicato quería denunciar con esta acción “a negativa da patronal a sentar a negociar un convenio autonómico para o sector da construción en Galicia, que permita establecer unhas condicións laborais dignas e frear a fuga continua de man de obra”.

A protesta, que forma parte dun calendario de mobilizacións que a central sindical leva meses desenvolvendo en todo o territorio galego, pretende visibilizar unha situación que consideran “insustentable”: a imposición de condicións desde o marco estatal que impide mellorar os convenios provinciais.

A CIG, sindicato maioritario do sector en Galicia, reclama abrir unha vía galega de negociación ao amparo do cambio lexislativo que outorga prioridade aos convenios autonómicos fronte aos estatais.

Antes de ocupar as obras, os representantes sindicais do catro provincias celebraron unha asemblea na sede local da CIG en Lugo, onde analizaron o estancamento da situación e acordaron endurecer as protestas.

O secretario nacional da FCM-CIG, Plácido Valencia, advertiu que se a patronal galega continúa sen atender ás súas demandas, o sindicato convocará unha folga xeral no sector tras o verán.

Durante a acción reivindicativa na intermodal detivéronse temporalmente os traballos nas dúas obras e realizouse unha asemblea aberta cos operarios presentes na obra, na que se explicou a necesidade dun marco galego de negociación e resolvéronse dúbidas en materia laboral.

A protesta concluíu de forma pacífica con presenza da policía local e nacional, e serviu para trasladar unha mensaxe clara á patronal: de non haber avances, o conflito irá a máis.

Valencia recalcou o dereito “a negociar aquí e non en Madrid nosas condicións laborais”, e subliñou que un convenio galego “evitaría o que pasou co convenio da construción de Pontevedra ou o de pintura da Coruña, impugnados pola patronal estatal por recoller melloras por encima do marco estatal”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here