InicioOPINIÓNGobernar "con sentidiño"

OPINIÓN

Gobernar “con sentidiño”

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

O Partido Popular de Galicia, leva gobernando a Comunidade Autónoma, 16 anos. Considero que tempo suficiente para poñer en marcha un programa electoral que conta cun orzamento de 1.1001000.000 de euros (máis ou menos) ANUAIS…o que fan 17.6001000.000 de euros que deben ser suficientes para ter a Galiza no primeiro mundo.

Os eslogans que utilizan algúns políticos, están cheos de eufemismos e boas intencións que normalmente non se levan nunca a cabo, non por non poder…si non por non querer. Un dos máis repetidos polo sr. Rueda, é que ”gobernamos con sentidiño” e eu lle digo, que si fora así, non teríamos os problemas económicos, políticos, sociais, ambientais, etc. que temos.

“Gobernar con sentidiño”, para Rueda é rexeitar unha condonación da débeda da Galiza, que supón uns 4.010 millóns de euros, cuns argumentos tan peregrinos, como que é “xurídicamente reprobable” ou que “altera de forma arbitraria e discrecional a situación financieira das Comunidades” ou que foi “pactada con Esquerra Republicana”. Deixar de pagar eses cartos que debemos (…e aforralos) é gobernar con sentidiño?

“Gobernar con sentidiño”, para Rueda , é que a consellaría do Mar (váia por deus o seu conselleiro), ca cantidade de problemas que manifestan os traballadores, día sí e día tamén…“execute menos da metade do seu orzamento” (123 millóns de e. sin executar). Unha cousa é o que se fala e os cartos que se prevé gastar, e outra moi distinta executar o prometido!

Os contratos que realiza a Xunta do PP deben ser transparentes e para elo, a fiscalización corre a cargo do Consello de Contas (o Conselleiro Maior é nombrado por Rueda). Dí: “no ano 2023, o 20% de todos os contratos da Xunta, adxudicáronse sen concorrencia”. A oposición censura o retraso na sua tramitación parlamentaria (oito meses); indica por exemplo, que o SERGAS deixou sin executar entre o 2021 e 2023 perto de 5 millóns de euros en Saúde Mental ou a falta de transparencia de IMPULSA a través da que se promoven proxectos como Altri. Moito sentidiño non parece que teñan os (i)responsables do PP.

Dicir que “gobernamos con sentidiño” e ter a Sanidade Pública Galega cun déficit evidente de profesionais que condicionan a masificación das consultas, as listas de agarda interminables e como consecuencia unha medicina privada que cada día engorda máis os seus orzamentos a costa da Pública…iso non parece moi coherente.

Vai vir o verán…como todolos anos, e a Consellaría de Sanidade manterá “a mesma cobertura do 2024”, que se caraterizou pola falta de persoal e de medios. Pois o amortizado (e mal falado) Conselleiro de Sanidade, dí que “a atención  sanitaria vai ser idéntica que a despregada no 2024”. Non lle importan as protestas que se produciron o ano pasado, as que se están producindo e seguro as que se producirán na época estival…pero que teñamos 243 prazas vacantes e se produza un peche de 780 camas, para Rueda é “gobernar con sentidiño”. Que teñamos 200 concellos na Galiza “sin Pediatra” é para o PP:  “pior están no resto de España”: mal de moitos…consolo de tontos!

Ante o incremento de agresións o persoal sanitario, a Consellaría limítase a poñer nos ordenadores un botón do pánico…

As pensións na Galiza, teñen a medio millón de pensionistas por baixo do nivel do salario mínimo. 166.000 perceptores, están en pobreza severa, con ingresos por baixo de 600 euros ao mes (según a Seguridade Social). A pensión media Galega, é 185,2 euros menos que a da media do estado español. A pensión media de Ourense e Lugo atópase a cola do estado. Moito sentidiño non parece para quen é responsable disto, pero ahí o temos, sacando peito de “gobernar con sentidiño”.

O 20% das persoas que esperan unha primeira consulta no SERGAS, deben agardar máis de 6 meses para ser atendidas (incumprindo a propia Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, elaborada só polo PP de Galicia…que marca 45 días para unha primeira consulta ou proba diagnóstica e 60 días para cirurxía). O propio sr. Rueda, responsable directo desta situación, fala de “unha de cada 5 persoas con problemas de Saúde Mental, agardan desde fai máis de 6 meses”…así, sin anestesia… Sabemos que dende a pandemia, as listas de agarda AUMENTARON, un 11% e tamén sabemos que a 31 de decembro do 2024: 9.162 persoas estaban nas listas de agarda en Saúde Mental. Temas tan básicos e o ben máis preciado que temos que é a nosa saúde, non parece que estén nas mans de quen “goberna con sentidiño”.

Un de cada cinco galegos, está en situación de pobreza enerxética (somos o pior lugar de toda a Unión Europea neste concepto). Con respecto á vivenda: temos os prezos que non fan máis que crecer a un ritmo moi superior aos salarios. A fenda salarial está no 18,4%, según a CIG, pola precariedade laboral das mulleres; ademais a igual traballo as mulleres cobran menos; o 30% das empresas que teñen 50 ou máis empregados incumpren a normativa laboral en materia de paridade.

“Gobernar con sentidiño” é ofrecerlle aos teus gobernados as condicións mínimas para poder dicir que vivimos no primeiro mundo!

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Despropósitos e ocorrencias!

Dende que comezou o estado das autonomías, Galiza ten transferidas as competencias en materia...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here