InicioSANTIAGOAMESBlas García defende a estabilidade e os avances do goberno de Ames...

Blas García defende a estabilidade e os avances do goberno de Ames no ecuador do mandato

O alcalde amesán destacou a execución de investimentos históricos, a creación de Augas de Ames e a posta en marcha de políticas pioneiras como o Plan de Saúde Mental

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno municipal de Ames fixo este luns un balance dos dous primeiros anos de lexislatura nunha comparecencia pública celebrada no salón de plenos da Casa do Concello. O alcalde, Blas García, e o voceiro do executivo, Víctor Fernández, compareceron arroupados polos sete concelleiros e concelleiras que integran o equipo de goberno, nun acto celebrado ás 10:30 coa intención de facer balance do mandato e reivindicar a estabilidade institucional.

O voceiro abriu a intervención destacando que “estes dous primeiros anos de mandato foron positivos”, salientando especialmente a “capacidade de consenso” que permitiu aprobar “a totalidade dos puntos levados a pleno”. Fernández sinalou que o modelo de xestión se basea na cooperación entre forzas políticas e co conxunto das administracións, o que facilitou o desbloqueo de proxectos e a captación de investimentos.

Pola súa parte, o alcalde Blas García fixo unha valoración das actuacións realizadas nas diferentes áreas municipais, reivindicando o traballo feito malia gobernar en minoría. Destacou, neste senso, que o Concello de Ames logrou executar máis do 80% dos 33 millóns de euros orzamentados, cun remanente de 6,5 millóns e un investimento real superior aos 7,5 millóns, “o máis grande da historia do concello”, segundo apuntou.

Entre as iniciativas pioneiras, García puxo o foco na creación da empresa pública Augas de Ames para a xestión do ciclo da auga, o Plan de Benestar Emocional e Saúde Mental ou a implantación das Comunidades Enerxéticas. Tamén subliñou o papel do municipio como referente de transparencia en Galicia, segundo o portal Dyntra, e a súa integración na Rede Impulso de innovación urbana.

No eido educativo, o alcalde remarcou que Ames xa cumpre practicamente todos os puntos da nova lei estatal de calidade alimentaria nas escolas. A posta en marcha dunha cociña central municipal, que entrará en funcionamento no vindeiro curso, permitirá unificar o servizo e mellorar a súa organización. Tamén se procedeu á actualización dos prezos dos servizos de conciliación, conxelados desde 2011, adaptándoos ao crecemento poboacional.

No que atinxe ao urbanismo e á mobilidade, a atención centrouse especialmente no núcleo do Milladoiro, onde se están a executar obras de humanización e se proxectan actuacións como un centro deportivo, un aparcadoiro e o remate do centro multifuncional. Tamén se está a traballar na obtención de solo edificable tanto nesta localidade como en Bertamiráns para favorecer a construción de vivenda.

Finalmente, García puxo en valor a aprobación da Axenda Urbana de Ames, que permitiu solicitar máis de 15 millóns de euros dos fondos europeos EDIL, e reivindicou o modelo de goberno en solitario como ferramenta para aplicar políticas progresistas en todas as concellarías. Rematou a súa intervención destacando que “Ames segue a medrar poboacionalmente e é un concello que cada vez máis persoas escollen para vivir”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here