InicioSOCIEDADELímites á apertura de novos comercios de souvenirs e máquinas expendedoras "en...

Límites á apertura de novos comercios de souvenirs e máquinas expendedoras “en practicamente toda a zona histórica”

Segundo debullou Sanmartín, a medida foi aprobada este luns na xunta de goberno local co obxectivo de "blindar" o comercio de proximidade e "conseguir esa diversificación necesaria do tecido comercial"

Publicado o

Xornal de Compostela

Concello de Santiago limitará a implantación de novos establecementos de souvenirs “en practicamente toda a zona histórica”, así como os negocios automatizados en todo o recinto intra muros da cidade. Así o avanzou este luns a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, nun almorzo informativo no que participaron todos os concelleiros do goberno municipal para celebrar os dous anos de mandato.

En concreto, a rexedora anunciou que o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, ofrecerá esta mesma semana unha rolda de prensa para presentar a modificación do Plan especial sobre usos, unha modificación que, entre outras novidades, non permitirá a implantación de novos establecementos de souvenirs na zona histórica e que limitará no recinto intra muros os negocios automatizados, como consignas ou máquinas expendedoras. Segundo debullou Sanmartín, a medida foi aprobada este luns na xunta de goberno local co obxectivo de “blindar” o comercio de proximidade e “conseguir esa diversificación necesaria do tecido comercial”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...