InicioDEPORTESO novo Pavillón de Vite ábrese ao público tras a súa reforma...

O novo Pavillón de Vite ábrese ao público tras a súa reforma cunha especialización no hockey sobre patíns

O Concello e o Goberno central invisten 1,6 millóns de euros nunha remodelación que aposta pola eficiencia, a accesibilidade e a práctica deportiva inclu

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pavillón de Vite estrea unha nova etapa tras ser sometido a unha reforma integral que transforma o espazo nunha instalación especializada na práctica do hockey sobre patíns, cun forte compromiso pola eficiencia enerxética, a accesibilidade e a calidade deportiva. O recinto foi inaugurado este venres coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco.

O investimento, que suma 1,3 millóns de euros procedentes do programa estatal PIREP e 300.000 euros achegados polo Concello, permitiu modernizar por completo a infraestrutura: foron renovadas as instalacións e o mobiliario, mellorada a eficiencia enerxética e realizada unha intervención específica para garantir a inclusión de persoas con mobilidade reducida. Entre outras melloras, instaláronse 28 paneis solares, unha nova rampla de acceso, aseos adaptados e bancadas con prazas reservadas.

A rexedora compostelá destacou que o novo pavillón responde ao obxectivo de dispoñer de “instalacións deportivas de alta calidade e que estean á altura do que Santiago merece”. Tamén se referiu ao vernizado da pista, á incorporación dun novo reloxo eléctrico e a unha rede móbil que facilita o uso segundo as distintas actividades.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, explicou que a reforma foi deseñada tendo en conta as necesidades específicas do hockey sobre patíns, modalidade principal que se practica no recinto. Segundo apuntou, trátase dun exemplo de como as melloras nas instalacións existentes poden transformarse en espazos deportivos practicamente novos sen renunciar ao seu uso histórico.

Pola súa banda, o delegado do Goberno, Pedro Branco, salientou que esta actuación exemplifica o interese do Executivo central por promover “instalacións máis sustentables, eficientes e acolledoras para os deportistas”. Lembrou ademais que Santiago recibiu 7,5 millóns de euros en total dos fondos PIREP, dentro dun programa que permitiu financiar 80 actuacións en toda Galicia cun orzamento de 77 millóns de euros.

A inauguración do Pavillón de Vite marca así un novo fito na política municipal de reforzo das dotacións deportivas, coa vontade de garantir o acceso a espazos seguros, inclusivos e preparados para os retos do deporte actual.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...