InicioMOV. SOCIAISCompostela súmase á campaña estatal polo acollemento familiar cun acto simbólico na...

Compostela súmase á campaña estatal polo acollemento familiar cun acto simbólico na Alameda

A entidade Acougo instalará portas e felpudos na Alameda de Santiago o 17 de xuño para visibilizar o acollemento como alternativa ao sistema residencial

Publicado o

Xornal de Compostela

O Parque da Alameda de Santiago de Compostela será o escenario, o vindeiro 17 de xuño entre as 10:30 e as 14:00, dun acto simbólico que busca visibilizar o acollemento familiar como alternativa ao acollemento residencial. A iniciativa forma parte da campaña estatal ‘Portas que abren historias’, impulsada por ASEAF e coordinada en Galicia pola entidade Acougo.

A intervención escénica consistirá na instalación de portas e felpudos nun espazo emblemático da cidade, como metáfora da chegada a un fogar e da apertura dunha nova vida para milleiros de menores que, na actualidade, residen en centros de protección. A acción pretende sensibilizar a sociedade sobre a necesidade urxente de contar con máis familias acolledoras, e promover o acollemento como un compromiso social colectivo.

O evento incluirá unha peza artística creada para a ocasión polo corpo de baile de Mandala Compostela, que porá en escena unha representación simbólica da realidade dos nenos e nenas que agardan por unha familia. Ademais, varias familias acolledoras galegas compartirán os seus testemuños en primeira persoa, achegando vivencias que poñen en valor o impacto positivo desta forma de coidado alternativo.

Pensando no público infantil, habilitarase tamén un espazo lúdico con actividades e contacontos, para fomentar un ambiente integrador e participativo para todas as idades. A organización sinala que diversas autoridades locais e autonómicas están convidadas ao acto, aínda que as confirmacións definitivas están pendentes.

Desde Acougo remarcan que o acollemento “non é só cousa das familias que o viven, é unha responsabilidade colectiva”, e animan a medios e cidadanía a participar nesta acción que forma parte dun percorrido estatal por diferentes comunidades autónomas, levando a mensaxe de acollemento e compromiso social por todo o país.

A campaña ten como obxectivo abrir o debate público sobre as condicións da infancia tutelada e fomentar políticas públicas que garantan o dereito de cada neno e nena a medrar nun entorno familiar.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here